A COVID deixará milleiros de persoas na pobreza en Galicia "sen que haxa plans de continxencia para freala"

Así o cre a Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social que reclama á Xunta que traballe para a erradicación da pobreza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/06/2020 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

A Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia) reclama a atención dos diferentes actores políticos e sociais sobre os índices de pobreza en Galicia. O motivo é a crise sanitaria e social causada pola COVID-19 e que, segundo esta ONG, pode deixar milleiros de persoas na pobreza na comunidade.

Acampada contra a pobreza na praza do Rei, Vigo
Acampada contra a pobreza na praza do Rei, Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Desde EAPN Galicia sinalan que a emerxencia sanitaria “está sendo acompañada por unha emerxencia social” que empobrecerá drasticamente a milleiros de persoas en Galicia. A isto engaden a falta de compromisos políticos por parte de Xunta e Concellos para frear o empobrecemento da poboación.

Así mesmo, a ONG sinala que esta crise supón a constatación da necesidade de aplicar con urxencia reclamacións propostas desde organizacións do Terceiro Sector. Entre elas a valoración dos coidados, a erradicación do lucro na loita contra a pobreza ou a atención ás persoas dependentes, así como a colectivos vulnerables e a aprobación do Ingreso Mínimo Vital.

Ademais disto, propoñen blindar a RISGA, garantir o dereito á vivenda, reducción da pobreza e da exclusión infantil, eliminar a descoordinación entre organismos públicos ou emprego digno. Para materializar isto propoñen catro puntos que van desde loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade. O compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo e a coordinación política e técnica entre as administracións e organizacións para reducir a burocracia.  Diálogo civil e recoñecemento lexislativo e marco estable de dialogo e financiamento do Terceiro Sector de Acción Social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta