Así é a gran crise do sector cultural en Galicia

Galicia perde 1.500 traballadores no sector cultural en 2018, mentres o emprego crece a nivel estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Galicia contaba en 2018 con 35.000 traballadores no sector cultural, o que supón 1.500 menos que en 2017, unha tendencia que contrasta co aumento medio a nivel estatal (aumenta en 3.100 persoas). Baixan as persoas empregadas e aumentan os autónomos neste sector.

Así figura no último informe do Observatorio da Cultura Galega, con fontes da EPA, afiliacións da Seguridade Social e de contratación. Con todo, destaca que Galicia é a quinta comunidade con maior emprego cultural en cifras absolutas, por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia.

Ese mesmo ano, a Seguridade Social rexistrou 12.268 afiliacións en ocupacións de ámbito cultural, 217 máis que 2017, o que supón o 1,2 por cento do total de todos os sectores. Esta porcentaxe "mantívose estable no últimos catro anos", segundo engade.

A maioría destas afiliacións correspóndense con artes gráficas e reprodución de soportes gravados e coa edición, 3.284 e 2.267, respectivamente. Doutra banda, a tendencia á alza tamén se reflicte no número de autónomos, con 3.422 fronte aos 2.870 de 2014.

No últimos cinco anos, o paro en actividades culturais descendeu nun 26,5 por cento e, de feito, en 2018 a baixada foi de 430 persoas. O desemprego foi maior no caso dos homes (51,6 por cento) que nas mulleres (48,4), sobre todo entre os 40 e 44 anos, e máis acusado o ámbito da información e as comunicacións.

Os traballos máis solicitados ese ano foron profesores de idiomas, axudantes de bibliotecas, animadores socioculturais, monitores e profesionais de tradución. Así mesmo, das 795 empresas culturais contabilizadas no informe, o 87,5 por cento do total teñen menos de 10 traballadores (unhas 696). As máis grandes, xornais e produtoras de cinema e televisión.

Museo de Galicia da Cidade da Cultura
Museo de Galicia da Cidade da Cultura

O Itinerario de Egeria, na Cidade da Cultura.. XUNTA
O Itinerario de Egeria, na Cidade da Cultura.. XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta