A venda de vehículos usados diminúe nun 6,5% en outubro

Desde xaneiro producíronse 101.488 vendas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

As vendas de vehículos usados diminuíron un 6,5 por cento en outubro en Galicia, segundo datos da patronal de concesionarios Faconauto.

As transferencias destes vehículos sumaron 11.474 e, desde xaneiro, producíronse 101.488 vendas, o que supón unha caída do 2,3 por cento respecto ao mesmo período do ano anterior.

A nivel estatal, as transferencias de vehículos usados aumentaron un 1,8% ata as 203.737 transferencias. No acumulado do ano, as vendas soben un 0,1% respecto ao mesmo período do exercicio anterior, ata alcanzar 1.695.902 unidades. Con este dato, a previsión para o peche de ano sobe a máis de dous millóns de vendas o que suporía un final levemente máis baixo, un 0,4%, que o de 2018.

Por comunidades autónomas, só Castela a Mancha (42,4%), Madrid (12,5%), Cataluña (6%) e a Comunidade Valenciana (4,8%) aumentaron as súas vendas en outubro en comparación co mesmo período de 2018.

O resto sufriron unha caída das vendas, entre as que destacan Andalucía (-9,1%), Aragón (-7,5%), Galicia (-6,5%) e Baleares (-5,7%).

Vehículos de ocasión. COCHES.NET - Arquivo
Vehículos de ocasión. COCHES.NET - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta