Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 25/11/2019 | Actualizada ás 19:27
A plataforma SOS Sanidade Pública denunciou os recortes "perpetrados" polo Servizo Galego de Saúde no Hospital de Verín tras coñecerse a decisión de suprimir o servizo de paritorios neste centro.
A plataforma censurou os "recortes" perpetrados tanto neste como noutros hospitais comarcais, que atribuíu á Lei Galega de Saúde.
Esta norma, segundo criticou, "pechou áreas sanitarias e está a desmantelar centros". Ademais, indicou que creou as EOXI para "someter a Atención Primaria ás xerencias hospitalarias".
SOS Sanidade Pública fai referencia á reunión mantida este luns polo xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Ruibal, coas afectadas polo peche do paritorio.
Neste encontro, as afectadas recibiron ao xerente "con apupos, asubíos e berros" en protesta da decisión do Sergas que provocará que, a partir do 1 de decembro, as mulleres da comarca terán que desprazarse a Ourense para dar a luz.
Ademais, SOS Sanidade Pública tamén fixo referencia á solicitude realizada por Xuntos por Laza e o PSOE para que se reactive forma inmediata o servizo de Dermatoloxía do este hospital da provincia de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.