O edificio do Louvre, inspiración para o Museo de Pontevedra

Un gan soto baixo terra conectará o tres edificios históricos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2019 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, presentou este martes o proxecto de rehabilitación dos inmobles históricos do Museo de Pontevedra, que contempla a conexión baixo terra dos edificios Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López, co que duplicarán así a súa capacidade expositiva.

Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra | Fonte: xunta.gal

Jesús Fole, autor da proposta de rehabilitación, destacou que está inspirada na solución adoptada polo Museo do Louvre en París para comunicar e ampliar a súa superficie expositiva, co que se baleira o espazo interior aos pazos laterais e se reorganizan as circulacións de público.

César Mosquera compareceu en rolda de prensa xunto ao director do Museo, Xosé Manuel Rey, e o arquitecto e asesor provincial Jesús Fole para informar os detalles desta solución, "a única técnica e administrativamente viable", ademais de ser "lograda, bonita, orixinal e funcional".

ACTUACIÓNS

Ademais, xa se iniciaron as contratacións do estudo xeotécnico e da modificación do Plan Especial de Protección do centro histórico de Pontevedra, mentres está en estudo o apontoamento dos edificios durante a obra. Tamén está en redacción o convenio co Concello de Pontevedra para que ceda o uso do subsolo.

Este tres edificios históricos levan pechados desde a posta en marcha do Sexto Edificio. A súa recuperación é un "obxectivo prioritario" para o Goberno provincial, xunto á mellora da xestión e á creación dun novo edificio de arqueoloxía.

César Mosquera compareceu en rolda de prensa xunto ao director do Museo, Xosé Manuel Rey, e o arquitecto e asesor provincial Jesús Fole para informar os detalles desta solución, "a única técnica e administrativamente viable", ademais de ser "lograda, bonita, orixinal e funcional".

O vicepresidente da Deputación indicou que esta idea xa está falada con Patrimonio que mostrou a súa satisfacción por manter intacta a aparencia do exterior dos edificios. 

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta