Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/11/2019 | Actualizada ás 22:30
Os sindicatos CSIF, CIG, UXT e SAP remitiron este mércores un comunicado conxunto no que acusan o goberno municipal de Ourense de "excluír" a negociación colectiva do capítulo de persoal e os orzamentos municipais.
As organizacións sindicais censuran que na mesa xeral de negociación celebrada este xoves non se chegase a ningún acordo. "Non era unha mesa de negociación, era unha mesa de dación de contas, outra ocorrencia máis deste bipartito", censuran.
"Non nos podemos tomar en serio que tras anos e anos negociando o capítulo de persoal dos orzamentos e o anexo de persoal, agora veña un goberno municipal a vulnerar a liberdade sindical e excluír a perceptiva negociación colectiva do capítulo de persoal dos orzamentos", indicou.
Ademais, os sindicatos lembraron que o PP, que sustentaba o anterior goberno municipal, "sempre negociou" estes capitulo. Por iso, piden a dimisión de todos os edís do PP por "incoherencia" e acúsaos de tentar "tomar por parvos" aos representantes sindicais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.