Temas: FESTIVAL MúSICA

Gisele Jackson chega a Compostela da man do Outono Códax

Unha das grandes voces do soul e o blues a nivel internacional ofrecerá un concerto o 1 de decembro na Sala Capitol.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 30/11/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Conta atrás para a terceira gran noite do Outono Códax Festival. Será o 1 de decembro a partir das 20:30 h. na Sala Capitol con outra das grandes voces da escena internacional, Gisele Jackson, considerada unha das damas do soul e o blues  norteamericanos.

Gisele Jackson. Foto: Web Outono Códax
Gisele Jackson. Foto: Web Outono Códax

Non formaba parte do cartel inicialmente e chegou por casualidade. Fíxoo para substituír a Nikki Lane, artista que suspendeu días antes do festival toda a súa xira europea. Jackson chega con forza e faino acompañada de The Shu Shu´s para facer tremer o escenario compostelán coa súa impresionante voz. Comezou a súa andaina musical sendo aínda unha estudante universitaria e, antes de facer de Brooklyn o seu fogar, xa virara como “Raelette” con Ray Charles no apoxeo da súa carreira. A partir de entón acompañou a outras grandes lendas como a inigualable Donna Summer ou o seu “padriño” James Brown. Despois de varias décadas ao servizo do soul clásico, a revista Billboard elevouna á categoría de diva polo seu gran éxito mundial, o clásico “Love Commandments”. O single alcanzou o número 3 nas listas de baile, catapultando a Gisele ao olimpo da música dance e house.

Antes desta esperada actuación, estarán no escenario os galegos The Fabulous Resaca Brothers co seu blues eléctrico e descarado. A banda, que naceu hai cinco anos como trío cun blues máis acústico e clásico, foise transformando co tempo nun combo de talentosos instrumentistas “Primer aviso” é o seu primeiro disco no mercado e os seus directos achégannos ao son do vello Chicago.

Temas: FESTIVAL MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta