Educación di que "non ten sentido mesturar" a nova OPE e as horas lectivas do profesorado

Xunta e sindicatos reuniranse o vindeiro martes, 3 de decembro, para negociar a repartición de prazas das oposicións do 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, dixo que "non ten ningún sentido mesturar" reivindicacións como a redución da xornada lectiva dos docentes galegos --motivación dunha folga programada para o 12 de decembro-- e a oferta pública de emprego (OPE) de educación anunciadas este xoves, con máis de 3.600 prazas.

Preguntada polos medios de comunicación nunha rolda de prensa este venres, Pomar desligou ambas as cuestións e insistiu en que "unha das partes fundamentais para falar de reorganización de horas de traballo é a financación estatal".

Neste sentido, lembrou que o Goberno central "debe diñeiro" ás comunidades autónomas, entre elas a Galicia, e vive un momento "de inestabilidade". "Como lles dixemos ás organizacións sindicais, non nos parece oportuno pór encima da mesa esta redución horaria", engadiu.

Paralelo a iso, Pomar destacou que a OPE presentada este xoves no Consello da Xunta, que "non ten nada que ver" co motivo da folga do próximo 12 de decembro, pretende dar ao profesorado "oportunidades para ser, primeiro, estables, ou para promocionar dun nivel a outro".

"Outra cousa é a reivindicación que fan as organizacións sindicais. Non ten ningún sentido mesturalas porque son cousas diferentes", recalcou, para despois afirmar que a Consellería de Educación "seguirá negociando".

REUNIÓN O VINDEIRO MARTES

En calquera caso, e ante as críticas de "unilateralidade" por parte dos sindicatos polo anuncio das novas oposicións cun total de 3.654 prazas, Carmen Pomar ha recalcardo que se trata de "unha proposta" que levou "como un informe" ao Consello da Xunta.

Así, adiantou que o vindeiro martes, 3 de decembro, haberá unha mesa sectorial coas organizacións na que "se negociará a repartición específica de prazas" en relación ás especialidades e en función das demandas dos sindicatos.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, en rolda de prensa.. XUNTA
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, en rolda de prensa.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta