A investidura

Estamos ante unha sesión de investidura aínda incerta que nos marca a diferenza entre unha goberno con acento progresista ou terceiras eleccións con posible goberno ultraconservador.

Por Carlos González Armada | O Porriño | 03/12/2019

Comparte esta noticia

Alguén pode pensar que se os progresistas gañaron xa dúas eleccións poden gañar unhas terceiras, e puidese ser, o problema estriba en que de tanto tirar os dados poida que algunha partida podamos perdela, e a sociedade actual non está en condicións de realizar segundo que tipo de experimentos, é necesario un goberno progresista, é tamen é bo que un goberno socialista este condicionado por un partido como Unidas Podemos, e é aínda mellor, máis inestable pero mellor, que ademais se requira doutros actores para conformar ecuacións de maiorías.

O problema que atopamos nun escenario tan dividido é a falta de cultura política do pacto en España, esta situación en Alemaña, Suíza, Bélxica, Suecia, ou Dinamarca, por poñer uns exemplos, non seria un inconveniente, sería unha virtude, e esta é unha das moitas cuestións que queda por resolver, e mellorar, na nosa democracia…saber falar, respectar e acordar con diferentes. Na mesa do congreso viuse estes días dúas cousas, unha que o Goberno tivo que pactar con “outros”, (aínda que non nos guste nin o que pactaron, nin con quen), para sacar adiante unha lei, (lei moi cuestionable e bastante pouco democrática, á súa vez que moi perigosa para as liberdades), e outra que o PSOE non é un partido de esquerdas, senón de centro, socialdemócrata pero de centro, xa que é capaz de pactar, segundo que, a dereita e a esquerda

Segundo o anterior estamos en condicións de afirmar que o que fai que o goberno do PSOE sexa un goberno progresista é a presenza de Unidas Podemos, e por iso se Pedro Sánchez quere de verdade un goberno progresista non só terá que acordar moitas cousas con Podemos, terá que falar con outras forzas progresistas que esixen un goberno progresista en España, un goberno de avance e evitar a etapa de retroceso ao século pasado que significaría a entrada dunha coalición onde estaría de necesidade aritmética a ultradereita…e por iso mesmo ERC tamén terá que facer concesións, porque aínda que queira forzar e tensar a corda para ter unha foto favorable ante o seu electorado, sabe, como sabemos todos, que se este goberno de progreso non sae adiante o que pode vir atrás é escuridade, particularmente para o independentismo

Leo nas redes sociais, e mesmo nalgún artigo, de persoas achegadas ao nacionalismo, (ao vasco, ao catalán e ao galego), que atacan duramente á esquerda Española, ou á “ jacobina” esquerda Española, como din alguns, e outros que falan de follas de rota “nacionais”, (referindo o termino nacional ás nacións históricas), sen darse conta de que se esa esquerda española non saca un goberno adiante, un goberno do PP mais radical desde Aznar coa presión/apoio da ultradereita nazi deste país, pode significar mesmo o final do débil e insuficiente raio de luz que é un estado de autonomías para as devanditas nacionalidades. Esas persoas, eses partidos, deben de ser intelixentes e ver cal dos escenarios é mais beneficioso, e na súa falta cal menos prexudicial, de non ser así estarán a cavar a súa propia tumba, e agora coa  posicion de ERC teñen unha gran oportunidade de dar un paso atrás e coller impulso para dar dous, ou tres, pasos adiante un pouco máis tarde

Particularmente son partidario dun país de nacións, unha federación ao estilo de Suíza onde cada federación teña a suficiente autonomía para desenvolver as súas propias características intrínsecas, (lingua, cultura, e historia), e facelo en armonía dentro dun estado común que nos faga máis forte, e iso non está tan afastado do que podería aspirar a ter un nacionalista. O  caso é que neste momento non se dan as condicions oportunas, e que de seguir neste bloqueo aínda podería ser moito peor, por iso o que urxe é eliminar o fermento de crise social que esta facendo aumentar aos radicais descontentos que votan polo partido da  ultradereita, resolver os problemas sociais deste estado multicultural chamado España, a solucionar os problemas reais da xente, ou resolver a emerxencia climática que nos axexa mentres creamos un clima máis favorable a falar doutras cuestións, non menores, como son as territoriais e, oxala, en non moito tempo podamos ter constituída ese pais de nacións de forma federal ou, se somos mais valentes, confederal, que precisa un estado como o español….ese mesmo que un  dia foi o das Españas…que foi e que debería seguir sendo

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez e o líder de Podemos, Pablo Igrexas, abrázanse no Congreso dos Deputados despois de asinar o principio de acordo para compartir un goberno de coalición tras as eleccións xerais do pa. Jesús Hellín - Europa Press
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez e o líder de Podemos, Pablo Igrexas, abrázanse no Congreso dos Deputados despois de asinar o principio de acordo para compartir un goberno de coalición tras as eleccións xerais do pa. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial, (Inxeñeiro e Criminologo), Coordinador Autonómico de XUNTOS (Máis Galicia), Voceiro municipal de Xuntos Porriño, (Máis Porriño).