Galicia perde máis de medio milleiro de autónomos en novembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2019 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

Galicia perdeu un total de 507 autónomos —250 homes e 257 mulleres— no mes de novembro (-0,2%), segundo datos dun informe elaborado por ATA-Galicia dado a coñecer este martes.

Autónomo.
Autónomo.

Este retroceso do 0,2% é o dobre que a baixada do 0,1% rexistrado de media no conxunto de España, onde o número de autónomos descendeu en 2.884.

O informe sinala unha redución de autónomos en todas as provincias, con Lugo á cabeza (145 autónomos menos, -0,4%), seguida da Coruña (189 menos, -0,2%), Pontevedra (125 menos, -0,2%) e Ourense (48 autónomos menos, -0,2%).

Hostalaría (-1,2%), actividades artísticas (-1%), agricultura (-0,5%) e actividades administrativas (-0,4%) son os sectores que perden máis autónomos en novembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta