A dictadura da apariencia

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá, Elisabeth Noelle- Neumann, expuxo a súa teoría da espiral. Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas. Consideraba que nesta sociedade as ideas contrarías ao sistema dominante, eran atacadas e desprestixiadas. Ante esa realidade, os individuos optaban polo silencio.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 05/12/2019

Comparte esta noticia
Desa forma,  a opinión publicada convértese en opinión pública, ao ser a única existente, e ao ser  os contrarios  eliminados ou silenciados.  Como a maioría da xente ten medo á marxinación, ao illamento,  oculta as súas opinións ou simplemente aparéntaas que acepta.: “e  che ou que  hai”. E como a maioría da xente vive dun salario, opta tamén por non meterse en situacións onde poidan afectar á súa vida, e á das súas familias. Con este sistema de propaganda, é dicir de medios de comunicación,   finalmente a xente vota e pensan como lle din que pensen e voten. Así é o sistema actual.  Se a TV (medio de propaganda), di que é así, é así, e punto!. 
 
Todo iso é posible porque seis compañías posúen o 95 % dos medios de comunicación do  mundo, produtoras cinematográficas (son as máis importantes, a xente fórmase no cinema e na TV),  radio,  xornais, etc.  Eses medios de comunicación están ao servizo do seu donos, (o normal e obvio),   e por iso   a súa información, a súa propaganda,  obedece aos intereses económicos dos seus donos. Por iso atopámonos  nunha situación onde falar de certos temas é moi complicado, (imposible),  xa que a poboación pode estar influída  e convencida, realmente “propagandeada”, polas noticias dos medios de comunicación. Se a TV (medio de propaganda), di que é así, é así, e punto!. 
 
Iso acontece todos os días nos medios de comunicación de España. Poñamos un exemplo. A Gran Bretaña realizou un referendo e a maioría  dos cidadáns votaron  por saírse da Unión Europea. Libremente, na democrática Gran Bretaña, o pobo soberano decidiu mediante voto secreto  que optaban por saírse da Unión Europea. O Goberno británico ten o mandato de cumprir esa decisión adoptada polo pobo soberano. É unha obrigación do goberno británico cumprir co mandato  decidido e imposto polo pobo británico. En principio iso debería estar claro, mais non o está… O Primeiro Ministro británico é  denigrado, insultado,  calumniado, vexado, humillado,  por moitos  ou todos dos medios de comunicación españois. E iso  por cumprir co mandado decidido polo pobo británico; por cumprir o mandato do seu pobo. É unha pelexa entre capitalistas, e os de España non dubidan en insultarlle. Así é como “informan”. 
Todos observamos que en ningunha universidade española, foro, ateneo, concello,   ou outro ente,  fanse seminarios sobre os salarios. Sobre a realidade dos traballadores.  Simplemente non se fan, porque de facelos, o resultado sería tremebundo.  Por iso non se fan.  Así funciona o sistema  en España. 
 
Talvez, vote o que vote o pobo faise   o que din os  plutócratas.  Os partidos políticos ofrecen, e finalmente fan o que se decide no “palco do  Bernabeu”. Hoxe  votan todos os cidadáns, mais  no sistema actual as decisións tómanse nos despachos das grandes empresas,  logo trasládanse ás secretarias dos partidos políticos, que tras o  paripé da votación parlamentaria, convértese en lei para todo o pobo. A vontade do poder económico é a que se impón,   e todo o armazón electoral e  parlamentario poida que sexa  só unha aparencia, un   teatrillo.  En definitiva, o poder está nos grupos económicos poderosos.  
 
Dá a sensación de que aínda que vota todo o pobo,  só deciden os poderosos. Parece que o voto vale de pouco.  Chámanlle poder do pobo  cando é  plutocracia.  Poñamos un exemplo. Desde a “transición”, fóronse eliminando os dereitos legais  dos traballadores.  Aos poucos, lentamente…Os traballadores votaban e votan, e os seus representantes,  os seus gobernos, sempre, sempre, sempre,  recortaron os seus dereitos e salarios. Así é o sistema. 
 Felipe González nunha entrevista o  pasado día 9 de setembro, en defensa do liberalismo e do capitalismo  afirmaba: “O capitalismo triunfante está a se destruír a si mesmo”. 
 
Felipe González sabe convencer ou persuadir  á xente, levándoa polo camiño que beneficia ao Capital, aos seus amigos do palco do  Bernabeu, e os  usureros que lle apoian.   Por iso fai esa afirmación tan contraditoria e falsa.  O capitalismo  está a triunfar ao 100%, como ben sabe Felipe González, pero  ten unha vida moi, moi, moi  sa: está perfectamente. Mellor que nunca. 
 
¿Por que Felipe González e os medios de comunicación dos capitalistas  quérennos facer crer que lles van mal as cousas a eles?. 

Consumo de televisión
Consumo de televisión | Fonte: Pixabay.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA