A xerencia da área sanitaria de Pontevedra nega que non manteña contactos co colectivo de enfermaría

Afirma que a dirección mantén reunións e encontros técnicos con aqueles profesionais ou representantes sindicais que o solicitan.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/12/2019 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

A xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés reivindicou este xoves o "importante papel" da enfermaría e subliñou que a dirección mantén reunións e encontros técnicos con aqueles profesionais ou representantes sindicais que o solicitan. Deste xeito, rexeita ás "afirmacións do sindicato Satse" sobre as súas relacións e contactos co colectivo de enfermaría.

Doazón de sangue área sanitaria Pontevedra e O Salnés
Doazón de sangue área sanitaria Pontevedra e O Salnés | Fonte: Xunta.

"Durante esas reunións analízanse as casuísticas e cuestións expostas, á vez que se estudan alternativas e posibles solucións a cada unha delas", esgrimiu sobre eses encontros.

Por iso, asegura que por parte da dirección da área sanitaria "se atenden as peticións de calquera profesional, independentemente da súa categoría, á vez que se recoñece a profesionalidade e bo traballo de todos eles".

Sobre as críticas relativas ao goce das vacacións e días de libre disposición, aclarou que o pasado mes de febreiro de 2019 se publicaron na Intranet da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés "as instrucións para o seu aproveitamento ao longo do presente ano, de tal modo que os profesionais coñecen desde ese momento os criterios para o goce das vacacións".

Ademais, engadiu que "recentemente" se remitiu unha información a todo o persoal e representantes sindicais para informar da "ampliación do período de goce dos días de libre disposición correspondente ao ano 2019 ata o 31 de marzo de 2020".

OPTIMIZACIÓN

"Por parte da xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés respéctase totalmente o cumprimento do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal subscrito entre a Administración e certas centrais sindicais, realizando os chamamentos aos aspirantes das listas conforme á rigorosa orde nas mesmas", sentenza.

Con todo, matiza que se están tomando "medidas para a optimización do sistema de forma permanente, co fin de mellorar a cobertura e substitución das ausencias".

A dirección subliñou, así mesmo, o "importante papel do persoal de enfermaría na asistencia, docencia e investigación", pois, conclúe, "constitúe o colectivo profesional máis amplo do conxunto de traballadores da área".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta