O BNG dá marcha atrás e non acudirá á rolda de consultas con Felipe VI

Critica "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual. A presidenta do Congreso anunciara este mércores que ERC, Bildu e as CUP non irían á consulta, pero non citou ao BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou non participar na rolda de consultas de Felipe VI sobre a investidura do presidente do Goberno central. Unha decisión que se produce logo de que a presidenta do Congreso, Maritxell Batet, anunciara este mércores a prensencia do BNG nesas consultas.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, abstense na votación a Batet para a presidencia da Cámara baixa
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, abstense na votación a Batet para a presidencia da Cámara baixa | Fonte: BNG.

O Bloque Nacionalista Galego apunta que a decisión do Bloque "non só parte da súa profunda convicción republicana e soberanista", senón tamén por avaliar "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual.

"Nun momento de profunda involución democrática no Estado, no que se están pondo en cuestión dereitos fundamentais e liberdades públicas, Felipe de Borbón asumiu un rol determinante neste proceso, especialmente contra as nacións que formamos parte deste Estado e contra o exercicio dos dereitos colectivos, como é o de autodeterminación, que como tales nos corresponden", subliña.

Ademais, engade que resulta "cada vez máis inxustificable" o mantemento dunha institución "anacrónica" como a monarquía, "incompatible cun sistema que se queira democrático". A xefatura do Estado, para os nacionalistas galegos, "debe ser electa polos cidadáns". "Non se sostén en parámetros democráticos unha xefatura do Estado hereditaria e vitalicia e, no caso español, reinstaurada polo ditador Francisco Franco", reproba.

Por iso, para o BNG, "é o momento de avanzar en dereitos e liberdades, tamén nos colectivos como pobo". Reafirma o seu compromiso coa defensa dunha "Galicia con plena capacidade para decidir por si mesma sobre os seus asuntos de maneira soberana como premisa para poder construír un país novo, libre e próspero".

Por último, reitera que ese compromiso "se plasma en que fronte a este Estado español unitario e cada vez máis autoritario que encarna a monarquía", o Bloque opta por defender "unha Galicia soberana e republicana".

REGO, CITADO DOS PRIMEIROS

A reelixida presidenta do Congreso, Meritxell Batet, acudía este mércores ao Palacio da Zarzuela para dar conta ao Xefe do Estado da sesión constitutiva da nova Cámara xurdida das eleccións xerais do pasado 10 de novembro e para entregarlle a lista cos 19 partidos políticos que participarán nas consultas.

Nesa lista inicial apareceía o BNG pero non ERC, nin Bildu, que veñen 'plantando' a Felipe VI na rolda de audiencias que realiza cos representantes políticos para constar se pode ou non propor un candidato á Presidencia do Goberno, pero tampouco as CUP.

De feito, e conforme á axenda difundida pola Casa Real, o primeiro en acudir a ver a Felipe VI será o deputado de Foro Asturias, Isidro Martínez Oblanca, o martes 10 ás 9,30 horas. Ás 10,15 irá o deputado de Teruel Existe, Tomás Guitarte, que se estrea no Palacio da Zarzuela.

Ás 11,00 horas está citado o Partido Rexionalista de Cantabria (PRC), representado polo deputado José María Mazón; ás 11,45 horas estao Néstor Rego do BNG e ás 12,30 será a quenda do deputado de Compromís, Joan Baldoví.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

16 anonimo 2

Você pode discrepar com minha opinião e concordar com esta decisão. Agora bem, sua falta de educação é lamentável! Dar visibilidade das demandas de Galiza ante o chefe do estado, reivindicando a república (pois eu considero a monarquia uma instituição anacrônica) não é se ajoelhar, é fazer o trabalho de transladar as reivindicações de Galiza ao chefe de estado. E sim, ainda que a você não lhe goste, eu fui um dos 120 mil votantes das últimas eleições, como antes votei-nos muitas vezes (400 mil votos em umas autonômicas, que tempos aqueles!). Sinto que não lhe gostem as citas do Sempre em Galiza de Castelao, desconheço se é porque não léu o livro ou porque não concorda com Castelao, qualificar a alguém de monárquico é franquista por citar o Sempre em Galiza é sinal de uma profunda incultura ademais de uma aldraje a todos os nacionalistas galegos

15 anonimo 2

Really? O que foi do lema “para que Galiza tenha voz propina em Madrid”? O que foi da ideia de “amostrar a realidade galega em Madrid”? O que foi de lema “todos os nacionalistas cavem no BNG, o BNG é a única força que pode levar a voz de Galiza a Madrid”? E a primeira oportunidade que tenhem, e possivelmente a maior para termos repercussão com só 1 deputado, decidem Não aproveitá-la!! Onde está o partido que parafraseando a Casteao, “Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións da nosa Terra”? Onde pensam fazer as reinvindicações da nossa terra? Nas próximas eleições meu voto será nulo.

1 Cereixido

Pateta anónimo 2, son SETE (7) partidos nacionalistas e soberanistas, TODOS os que hai representando as diversas nacións e culturas do Estado español, os que non se van axeonllar no paripé ante o monarca. Só os españois de nación xustifican o rei macho, escollido por xenética e polo fascista Franco, que está na liña ideolóxica de Vox (Pablo Iglesias pasou das manifas republicanas de anos anteriores a estar ao quente e de compadreo con Arrimadas e Vox!). O de Castelao que ti apuntas como monárquico e franquista, iso xa o di todo! E dicho quen non vota BNG, e menos altura troladas patéticas... E si, hai que criticar que o BNG vai a remolque, por desgraza, pois a vangarda está lonxe.

14 Néstor (falta de) Rego

O que diga Rufián.

13 CausaEfecto

Pois cando votei, votei pensando que alí estaría o Rego dicíndolle as cousas claras ao rei en persoa, e dicindo despois ante os medios... É un erro burriños. Hai q usar todo altofalante q vos poñan diante, cousa que a outros nin lles convén. Inda soño que o BNG pode ser un SNP galego... É non imposible, así que a traballar pa casiña e poñelos problemas todos na mesa e non solo Catalunya...

1 El Ciz

Que proposta mais leal e ben entendida, pois si, cun parlamento-altofalante xa deberia sobrarlle a unha persoa civilizada e respetuosa. E mais xa non seria necesario estar no Parlamento, na rua cun altofalante e respetando aos veciños por moi afectados que estivesen polas demandas emitidas polo altofalante. Donde es esta alto para falar e na Mesa do Parlamento, pero iso hai que gañalo a pulso

12 Claaro

Su majestá ganaría las elecciones y ahora no toca. Anda que non destes marcha atrás vós non