O comité da planta de lixo de Lousame mantén a folga para este sábado

O paro afectará a Ames, Rois, Brión, Lousame, Noia, Muros, Carnota, Porto do Son e Pontecesures.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O comité de empresa da planta de tratamento e recollida de lixo de Lousame mantén a convocatoria de folga para este sábado, 7 de decembro, ante a "falta de compromisos" por parte da concesionaria.

Diso informa a CIG nun comunicado no que apunta que o comité esperaba que se avanzase na negociación para "non ter que efectivizar" a folga. En calquera caso, no actual escenario, o comité advirte de que se a empresa "non move ficha xa no mes de decembro", a convocatoria estenderase a "máis días durante o mes de Nadal".

A planta de tratamento e recollida de lixo da mancomunidade do Barbanza, con sede en Lousame, é unha das tres de reciclaxe que hai en Galicia xunto con Sogama e Albada.

O paro afectará ao tratamento e recollida de lixo dos concellos da mancomunidade e adheridos, un total de nove, entre os que están Ames, Rois, Brión, Lousame, Noia, Muros, Carnota, Porto do Son e Pontecesures.

O conflito responde á negociación do convenio colectivo, xa que a persoal demanda que recoñeza o que contempla o estatal (un plus de tóxicos do 25% para todos os traballadores).

Planta de lixo de Lousame
Planta de lixo de Lousame | Fonte: CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta