Conclúen as tarefas de extinción do incendio da nave de Coirós

A gran cantidade de labra acumulada no seu interior foi a causa pola que as chamas se propagaron con tanta rapidez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Na mañá deste venres, sobre as 7,30 horas, o 112 foi alertado dun incendio nunha nave no lugar da Espenuca, no concello coruñés de Coirós.

O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA
O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA

Segundo a información recibida no 112, tratábase dunha nave de pitos, que comezaba este venres a actividade, por tanto, no momento de iniciarse o lume, as aves aínda non estaban no seu interior.

Até o lugar desprazáronse de inmediato os Bombeiros de Betanzos, nada máis ser alertados polo 112, así como os axentes da Garda Civil. O persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foi informado polo 112.

A esta hora, o lume quedou totalmente extinguido. Tras apagar os pequenos focos de lume que quedaban pendentes, procederon a refrixerar a zona.

A nave ardeu por completo. A gran cantidade de labra acumulada no seu interior foi a causa pola que as chamas se propagaron con tanta rapidez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta