A plataforma contra a mina de Touro presenta novas alegacións ante a Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non presentou ante a Xunta escritos de alegacións nos que, asegura, pon de manifesto "deficiencias que invalidan o contido do proxecto de explotación".

Tamén invalidan estas alegacións, segundo a plataforma, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental que presentou a empresa Cobre San Rafael, que é a promotora do proxecto.

A maiores, o colectivo tamén se refire a alegacións contra "determinados aspectos substantivos dos requisitos para a tramitación da concesión solicitada".

Plataforma contra a mina de Touro na Eurocámara coa eurodeputada Ana Miranda. BNG
Plataforma contra a mina de Touro na Eurocámara coa eurodeputada Ana Miranda. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta