Comeza unha campaña especial contra o consumo de alcol e drogas entre condutores

A Delegación do Goberno en Galicia lembra que o alcol é un "factor concorrente ou determinante" nun terzo dos accidentes mortais de circulación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2019 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) desenvolverá esta semana, desde este luns 9 ata o sábado 15 de decembro, unha campaña especial de control do consumo de alcol e drogas entre os condutores das estradas galegas.

Deste xeito, "intensificaranse" os controis por parte dos axentes de Tráfico da Garda Civil. Ademais, na iniciativa colaborarán os concellos para realizar probas en zonas urbanas, en especial as zonas de lecer nocturno.

Neste contexto, a Delegación do Goberno en Galicia lembra que o alcol é un "factor concorrente ou determinante" nun terzo dos accidentes mortais de circulación. Así, a súa presenza na condución multiplica entre 2 e 15 veces --en función da taxa-- o risco de sufrir un sinistro.

Por iso, a estratexia de seguridade viaria 2011-2020 establece como obxectivo descender do 1% os positivos por alcoholemia nos controis aleatorios. En España, de acordo con cifras da DGT, case un 15% dos condutores colle un vehículo tras consumir algunha sustancia que afecta á súa capacidade para unha condución segura.

Na pasada campaña realizada en xuño dedicada a estas infraccións, fixéronse en Galicia máis de 24.000 probas de alcoholemia, das que 249 --o 1,03%-- deron positivo. No test de drogas, realizáronse 396, das que positivas foron 159 --40%--. As maiores cifras danse en homes --máis do 80%-- con idades entre 45 e 54 anos.

Control de alcoholemia. GARDA CIVIL
Control de alcoholemia. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Paco

O normal é conducir limpo de todo, e é como debe ser!!!! todo o demáis que se sancione. Agora ben, dito esto, o sistema de control de drogas non é real, nin efectivo posto que ainda que conumas un porro un sábado a noite o luns vaiche dar positivo e o que naide pode negar é que o luns xa non tes efectos ningún no corpo. Outra cousa é a presenza no corpo dos rastros da droga pero iso non ten que ver coa conducción, o lóxico é que despois de consumir nas seguintes 6-8 horas dese positivo pero a partir de ahí non porque non conducirías baixo os efectos da sustancia, tal e como se demostra médicamente. Axusten os sistemas a realidade para que non só teña un caracter recaudatorio como está montado o sistma hoxe en día.