Advirten do "incremento de anuncios" de venda ilegal de cans ao achegarse o Nadal

A asociación Libera denunciou "unha media de 60 anuncios potencialmente ilegais" na web Milanuncios.com.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera advirte que a proximidade da época do Nadal xa propiciou "un incremento dos anuncios" de venda ilegal de animais, e señaladamente aqueles relacionados con cans de caza "refugados en ofertas por cesamento de actividade ou exceso de cans".

De feito, segundo informa o colectivo, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta abriu recentemente un expediente sancionador a Schibsted Classified Media Spain, empresa matriz da web Milanuncios.com, debido a que tres das súas publicacións constitúen "unha posible infracción de carácter grave" ao amparo da lei de benestar animal.

Neste contexto, Libera, que denunciou "unha media de 60 anuncios potencialmente ilegais" neste portal de Internet, lembra que a cría con fins comerciais ou a súa comercialización sen reunir os requisitos fixados pola normativa "pode supor sancións de ata 5.000 euros".

O colectivo, que saúda a sanción por vela "un primeiro paso moi importante" para cortar o comercio ilegal de animais, considera, con todo, que a Administración "debe expedientar tamén aos vendedores", porque son particulares que, "sen pagar nin un imposto, pon á venda cans sen garantías hixiénico-sanitarias" ou que puideron ser postos en perigo "para sacar camadas que venden por 500, 100 ou mesmo 1.000 euros" cada exemplar.

Anuncio de venda dun chihuahua en Milanuncios.. LIBERA
Anuncio de venda dun chihuahua en Milanuncios.. LIBERA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta