Pontón sobre as audiencias con Felipe VI: "Agora a monarquía é anacrónica e está salpicada de casos de corrupción"

Confirma que hai "máis sensibilidade" de acordos coas formacións nacionalistas e soberanistas de Cataluña e Euskadi para defender a axenda galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Belén Pontón, confirmou o xiro dado pola súa formación na tradicional audiencia do monarca español para a conformación do futuro goberno do estado. "Agora a monarquía é anacrónica e está salpicada de casos de corrupción", dixo para defender a postura adoptada pola Executiva nacionalista o pasado xoves.

Mensaxe de Nadal de Felipe VI
Mensaxe de Nadal de Felipe VI | Fonte: RTVE

Así, e a pesar de que o BNG estaba convocado para os encontros con Felipe VI deste martes, a dirección nacionalista acordou non acudir. A decisión chegou logo de coñecerse que tampouco ERC, EH-Bildu e as CUP ían a asistir a ese encontro. Unha decisión que foi moi mal recibida pola dereita mediatica.

O Bloque Nacionalista Galego apuntou entón que a súa decisión "non só parte da súa profunda convicción republicana e soberanista", senón tamén por avaliar "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual. "Nun momento de profunda involución democrática no Estado, no que se están pondo en cuestión dereitos fundamentais e liberdades públicas, Felipe de Borbón asumiu un rol determinante neste proceso, especialmente contra as nacións que formamos parte deste Estado e contra o exercicio dos dereitos colectivos, como é o de autodeterminación, que como tales nos corresponden", subliñaba o comunicado da Executiva.

Precisamente, estes mesmos argumentos foron asumidos por Pontón que dixo que a decisión do BNG débese aos "cambios políticos e sociais" dos últimos anos. "Hoxe non compartimos a existencia da monarquía que é obsoleta e anacrónica", indicou. De feito, foi máis alá e suxeriu que esta institución non é democrática. "Queremos defender os intereses de Galicianas institucións democráticas", suliñou. 

Neste sentido, tamén recoñeceu que "hai máis sensibilidade" coas formacións nacionalistas e soberanistas catalanas e vascas --hai sobre 30 deputados no Congreso-- para acordar con eles cuestións concretas, mesmo as que afecten a Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 Fernán

O BNG sube votos elección tras elección, outros "nacionalistas" non poden dicir o mesmo. Igual medidas coma esta son as que llos dan. O meu entre eles. Galiza é unha nación e o BNG o seu representante político. A autodeterminación comeza por nós mesmos. Ogallá siga así. A min represéntanme e esta decisión é coherente e seria. República galega!

1 Carlos Quintanilla

Ja,ja,ja, Es al revés: Año 1997. Elecciones al Parlamento de Galicia: 25% de los votos Año 2016. Elecciones al parlamento de Galicia: 8% de los votos

6 El Ciz

Ao mellor asi entendese https://youtu.be/OATRTxwb2C0

5 anonimo 2

Postura incompreensível para os seus votantes! Tanto reclamar ter voz nas instituições, e a primeira oportunidade, possivelmente a de maior repercussão mediática...a tiram polo...wc. A monarquia sempre foi e será anacrônica, seja bom chefe do estado ou não, mais segue sendo o chefe do estado, e se estivéssemos numa república e o chefe do estado fora, não sei Aznaz, Trump ou Bolsonaro que fariam? Esconder-se-iam ou se reuniriam com ele para levar as reivindicações de Galiza? Galiza volta a esta órfã de representantes nas instituições centralistas!! Meu voto será nulo nas próximas eleições!

1 Gamela

Perfectamente explicado... son coma nenos (?) botarlle a culpa ao Borbón e coma escribirlle unha Carta coa Axenda Galega aos Reis Magos !!! a UPG nunca estivo neste mundo... e seguen perdendo oportunidades... UPG Disolución! http://www.galiciaconfidencial.com/...

4 Gamela

Mira que casualidade: a existencia da monarquía que é obsoleta e anacrónica, igualiño igualiño ca existencia da UPG! Vólvense escoitar os tambores de guerra: UPG UPG UPG pero cando veña o Diluvio Universal volveránse agochar nas Deputacións ao cuberto...

1 Lamela

Eu pensaba que os de Vox defendiades o bourbon, ademáis da fiesta nazional, os privilexios dos machos, a caridade dos ricos e a supremacía do castelán. O pack español, trágalo contento e sen dereito a patalear!

2 Gamela

Eu pensaba que os do BNG presentaran candidatura ao Congreso dunha Monarquía Parlamentaria, e que grazas á Lei Electoral vixente acadaran UN deputado. No artigo 168 explícase claramente o procedemento para promover unha Reforma Total da Constitución (o que descoñecemos son os DEREITOS e DEBERES que teremos os galegos na Constitución de Néstor Rego)! Pero o que sí coñecemos é como funcionan os Sistemas de Información da UPG! Son semellantes ás fichas que usaba a DGS no franquismo, só que as fichas da UPG aínda non son de acceso público!

3 El Ciz

Hai menos cainismo e odio neses votantes galegos tan pretendidamente asustadizos e necesitados de estancamento folclorico-rexionalista, que nestas opinions de xente pretendidamente formada politicamente