Feijóo inaugura a estatua a Fraga en Cambados

Foi dentro dos actos da LX Festa do Viño Albariño que contou coa presencia de numerosos cargos institucionais. Protesta simbólica dos veciños.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 05/08/2012 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A pesar da crise e dos recortes, Cambados acaba de inaugurar unha estatua en homenaxe a quen foi presidente da Xunta e ministro franquista, Manuel Fraga. Unha escultura que a oposición cifra en case 40.000 euros e a alcaldía deixa en menos da metade.

Escultura de Manuel Fraga
Escultura de Manuel Fraga | Fonte: Fernando Mayoral

A escultura foi descuberta en presenza do actual líder do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen participou durante esta xornada na LX Festa do Viño Albariño. De feito, foi o encargado de impoñer as distincións nos actos solemnes de proclamación das damas e os cabaleiros do Capítulo Serenísimo del Albariño, exercendo como Gran Mestre.

Protesta

O acto contou coa protesta silenciosa dun grupo de veciños que, con prendas brancas e pancartas, amosaron o seu rexeitamento a esta inauguración en tempo de crise.

Nesta edición desta festa, da que Fraga foi Grande Mestre do Capítulo Serenísimo do Albariño,foron nomeados damas do Albariño a actriz coruñesa Ana Turpin e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

Pola súa banda, foron proclamados cabaleiros o campión do mundo de ciclismo Abraham Olano, o escultor cambadés Manolo Paz, o bodegueiro José Masaveu Herrero, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón, e o secretario do consello Regulador de la Denominación de Origen Rías Baixas, Ramón Huidobro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 anonimo

Merecida estatua para el hombre que goberno Galicia ganando todas las elecciones a las que se presento . Trabajador incansable me parece un homenaje merecidisimo para un gallego universal . El precio no eran 40 mil euros si no menos de la mitad y no va a ser pagado con fondos publicos . Asi que aqui no hay polemica .

1 antichaíñas monolingües

todas?? haha entre o pucheirazo da emigración, e a ley d'hont tivémolo que aturar até que xa se cagaba nos pantalóns. Espero que esta estatua a un criminal non dure moito.