A Xunta sobe a 5,3 millóns as axudas periódicas a vítimas de violencia machista

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Xunta destinará máis de 5,3 millóns de euros a financiar as axudas periódicas a vítimas de violencia machista no período 2020-21, o que supón un aumento do 3,3% respecto da anterior convocatoria.

O Consello da Xunta deu luz verde este xoves a esta convocatoria para 2020, que é o orzamento máis alto desde a súa posta en marcha en 2006. As axudas, que poden solicitarse durante todo o ano, consisten nunha contía mensual para facilitase as vítimas unha independencia económica que lles permita dar o primeiro paso para romper coa situación de violencia.

Entre xaneiro e novembro deste ano, un total de 577 vítimas beneficiáronse destas axudas, cun prazo de solicitude aberto durante todo o ano. De 2009 a 2019, máis de 31,9 millóns de euros permitiron atender a máis de 4.000 mulleres.

As axudas oscilan entre os 200 e os 800 euros en función dos ingresos da persoa beneficiaria, dos fillos menores ao seu cargo ou de se padece algún tipo de discapacidade.

PROGRAMAS PARA MULLERES EN ESPECIAL VULNERABILIDADE

Pola súa banda, o Consello da Xunta tamén aprobou este xoves un investimento de 1,3 millóns de euros en axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que poñan en marcha programa específicos de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O investimento de 2020 increméntase en case un 43% en comparación co orzamento inicial de 2019, ata alcanzar unha contía inicial de 910.000 euros.

Reunión do Consello da Xunta do 12 de decembro.. XUNTA
Reunión do Consello da Xunta do 12 de decembro.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta