Feijóo cala sobre unha posible lista 'Galicia Suma' con Cs nas eleccións galegas

"Queda moito tempo para falar diso", asegura

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou este xoves falar da posibilidade de articular unha coalición con Ciudadanos (Cs) para as próximas eleccións autonómicas a modo de 'Galicia Suma' e lembrou que o seu partido "acaba de gañar as eleccións xerais" na comunidade.

"Queda moito tempo para falar diso, estamos con asuntos de goberno", defendeu Feijóo, tras ser preguntado por esta posibilidade ao termo do Consello da Xunta. En todo caso, deu por feito que o PPdeG "presentarase ás eleccións". "Segue sendo a forza máis ampla e acaba de gañar as xerais en Galicia co mellor resultado de toda España. Eses son os feitos", resolveu.

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervén no mitín en Santiago de Compostela. PPDEG
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervén no mitín en Santiago de Compostela. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Gamela

Este acabará gobernando con VOX grazas á estúpidez de tódolos demáis en Galicia ! https://resultados.10noviembre2019.... Néstor Rego coa súa brillante idea de non ir á Zarzuela (fará subir o pan!)

1 Xavolve

Verte adoecer día sí e outro tamén coas decisións do BNG é a mellor mostra de que o meu voto foi o correcto. Ti sigue ó teu e lembra que o cambio climático é culpa da UPG...

2 Gamela

Non sei se a túa memoria alcanzará cando no 1975 os teus amigos berraban que a Autoestrada era unha navallada para Galicia ! O malo é que levan 44 anos tragando o navallazo das peaxes sen rechistar ! UPG Disolución ! Nestor Rego a que Galicia representa, a que regala os votos a cambio de nada ?

3 Rin Tin Tin

A realidade e que Vox non ten nada que rañar nunhas Autonómicas na Galiza (a Tía de Abascal dí que non se volta apresentar e Millán Astrai segue a buscar a Prótese da Man que perdeu xogando a Birisca no teleclube de Catabois e cun medo de cagarsepolapataabaixo aos Dentistas),,,agás Coalición GamelaVox, claro...

4 Gamela

Tranquilo, que aínda podemos chegar a marzo e volver votar por terceira vez... Xa verás a coña que van ter estas chulerías do pais dos ananos (UPG)