Martiño Noriega, sobre Anova: "Nunca un morto estivo tan vivo"

O exalcalde forma parte da única lista que se presenta ao proceso de renovación da dirección do partido, liderada por Antón Sánchez

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/12/2019 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O exalcalde de Santiago e portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega, reivindicou o peso do seu partido, Anova, na construción dunha "alternativa" ao Partido Popular do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de cara ás eleccións autonómicas do próximo ano.

Martiño Noriega nun acto de Compostela Aberta
Martiño Noriega nun acto de Compostela Aberta | Fonte: CA.

Na véspera da asemblea da que sairá a postura de Anova para as eleccións galegas, Noriega incidiu en que a organización nacionalista da que forma parte "ten unha gran potencialidade para seguir construíndo" o espazo da unidade popular.

"Ás veces escoito falar de que a achega de Anova está finita e que non ten sentido", sinalou o cofundador do partido soberanista, que considera que a "agresividade tan grande" que, di, percibe cara á súa organización lle fai chegar á conclusión de que "nunca un morto estivo tan vivo".

"Anova ten unha gran potencialidade para seguir construíndo ese espazo", defendeu o exalcalde compostelán e unha das referencias do partido, que cre que isto o demostra que "preocupe tanto que unha organización soberanista siga construíndo espazos que disputan hexemonías dentro do país".

Así as cousas, considera que Anova "ten que estar" na candidadatura de unidade "na fórmula que sexa" para así "ampliar o espazo" de cara ás autonómicas, polo que espera que da asemblea deste sábado saia unha tese política "de consenso" ao redor de "transitar este camiño".

Cuestionado sobre se se expón dar o salto da política local ao ámbito autonómico, Martiño Noriega apelou á súa condición de "militante". "Martiño Noriega está no mesmo sitio que en xuño", indicou, antes de pór o foco en que "estes días" lle serviron "para testar que resistencias hai".

ÚNICA LISTA Á DIRECCIÓN

Así as cousas, unha única lista opta ao proceso de renovación dos órganos de dirección de Anova, proceso que se desenvolverá este sábado na IV Asemblea Nacional da organización.

Deste xeito, o actual portavoz nacional e deputado autonómico, Antón Sánchez, encabeza unha lista continuista coa cúpula saínte. Acompáñano o propio Noriega en terceiro lugar e o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras no quinto posto.

Gladys Afonso, Cristina Amor, María do Pilar Barros, Pepe Arias, María Bentrón Carbia, Raúl Asegurado e Antía Comesaña completan os primeiros dez postos dunha candidatura composta por 50 nomes que é definida pola actual dirección como unha lista que "representa a pluralidade da organización para relanzar o proxecto de Anova e do espazo de ruptura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

7 Gamela

Que non esquezan chamar a Alexandra Kollontai para poñer un chisco de cor en ANOVA !

1 Casimiro

Ocúpate dos teus (Vox), e deixa de enredar!

2 Gamela

Como broma vale... pero o de Alexandra o digo moi en serio... sería fenomenal que houbera alguén que lles puxera as cousas claras ás trepas de EU ! http://parte.gal/2019/02/18/o-treme...

3 Caselas

Gamela, desde cando apoias a causa da esquerda soberanista galega? Será despois de defender a submisión á monarquía borbónica e á constitución franquista, de burlarte dos presos políticos e dos exiliados, de ridiculizar a loita feminista e a Lei de Xénero, de manifestarte Pola superioridade do castelán con Galicia Bilingüe-Hablemos Español, de pedir liberdade para torturar touros, de defender a caridade de Amancio Ortega diante da xustiza... O teu esencialismo de patriota é o de VOX. Óllate no espello, os de fóra xa te coñecemos!

4 Desbloqueado

Alexandra é unha traidora que acabou levando palmadiñas nas costas por parte do inimigo. Se tanto che gusta, lévaa para a túa casa.

5 Gamela

Caselas deberas pedir praza nos servizos da CIA ou no KBG upegaio! Seguramente aí terías futuro poñendo ETIQUETAS aos disidentes! Pero SI mira tí por onde sí tamén Gamela é "soberanista"! Pero coidado a soberanía é do pobo e de todos e cada ún de nós... non vén ditada dende o alto por Paco Rodríguez (?) En canto a Alexandra a ver se me explica alguén en qué foi TRAIDORA ? Pelexar polos dereitos da xente e non defender os intereses de partidos trepas é traición? Traición a qué?

6 Dalle que libras

Volveredes a caer nos brazos de Yolanda Besitos ?

5 Brutus

Pechade o chiringo.Roma non oaga a traidores.

4 Realpolitik

Home, Martiño, por unha vez concordamos: sodes a Santa Compaña da política galega...

3 Pitito

Nunca un morto fedeu tanto!!!!