Feijóo teme "o peor" goberno da democracia tras a conversa con Sánchez

O presidente estatal, segundo relatou o tamén líder do PPdeG, non lle contestou máis aló de trasladarlle que non quere novas eleccións e tratará de superar "de forma inmediata" a sesión de investidura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou tras a súa conversación telefónica co seu homólogo estatal, o socialista Pedro Sánchez, que este non contempla "alternativa" a un pacto con Podemos e independentistas, o que abocaría ao "peor" goberno na historia da democracia.

En 15 minutos de conversación cordial, no marco da rolda de contactos de Sánchez cos presidentes autonómicos, Feijóo asegurou que lle trasladou ao dirixente socialista a súa "preocupación" por un acordo de goberno coa "extrema esquerda" e os independentistas cataláns.

O presidente estatal, segundo relatou o tamén líder do PPdeG, non lle contestou máis aló de trasladarlle que non quere novas eleccións e tratará de superar "de forma inmediata" a sesión de investidura. Feijóo quedou coa sensación de que o socialista non contempla "alternativas" constitucionalistas, aínda que el (quen reivindicou reiteradamente a 'gran coalición') cre que existen.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.. XUNTA
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.. XUNTA

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu ao presidente en funcións do Goberno central, o socialista Pedro Sánchez, que "o primeiro" que debe facer o seu Executivo para "rebaixar a tensión territorial" é "pagar o que debe" ás autonomías. Se non o fai, augurou que será unha lexislatura "de máxima tensión territorial".

Con tal fin, sinalou que o dirixente socialista trasladoulle que prevé convocar reunións bilaterais cos presidentes autonómicos, que haberá "unha Conferencia de Presidentes cada ano" e que "se intensificará o debate territorial no Senado".

A pesar destes compromisos, Feijóo sinalou que o que el respondeu o presidente estatal é que "o primeiro para rebaixar a tensión territorial" é que o Goberno central "cumpra coas débedas pendentes". Galicia esixe 700 millóns de euros, dos que, aínda desbloqueadas as entregas a conta, quedarían pendentes uns 370 correspondentes á liquidación do IVE de decembro de 2017 e á compensación por cumprir as regras de estabilidade financeira.

RESPOSTA DE SÁNCHEZ SEGUNDO FEIJÓO

En canto á resposta de Sánchez, o presidente galego remarcou que o dirixente socialista aseguroulle que "o volvería a consultar" co Ministerio de Facenda.

"Espero que esta vez se tome en serio e Facenda non se burle das comunidades", dixo Feijóo, quen insistiu en que "non se pode iniciar unha lexislatura de distensión territorial" nin avanzar "na coordinación" do Estado autonómico se o Goberno central é "o primeiro incumplidor" e o responsable de que as autonomías "incumpran as regras de déficit público" neste exercicio. 

Ao seu modo de ver, se o Goberno "non paga o que debe" a mensaxe para as autonomías "está claro: non vos respectamos e ides incumprir". "Non é posible empezar peor, sería unha declaración sen precedentes de acoso cara ás comunidades leais e cumpridoras, e de man tendida ás incumplidoras e desleais", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luisinho

Homiño, non ten decatas que o peor goberno da democracia é o teu. Mentireiro, cheo de falsedades. Non che importa a sanidade nin a educación, tampouco a industria nin o rural, só che importan as enchentas cos vellos, banca e Ence.