Emalcsa inicia os primeiros pasos para a creación dun operador enerxético municipal na Coruña

O consello de administración acordou "impulsar a conversión da empresa municipal nun medio propio".

Por E.P. | A CORUÑA | 17/12/2019 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O consello de administración da Empresa Municipal de Augas de Coruña (Emalcsa) iniciou os primeiros pasos para a creación dun operador enerxético municipal, segundo informa o Consistorio.

Consello de administración de Emalcsa.
Consello de administración de Emalcsa.

En concreto, acordou "impulsar a conversión da empresa municipal nun medio propio, catalogación recollida na nova lei de contratos do sector público".

Agora será a xunta xeral de accionistas, formada polos 27 concelleiros e concelleiras da corporación local, a que, en reunión extaordinaria, aproba en próximas datas esta transformación societaria.

"Esta decisión permitirá que durante o próximo ano se poida activar a creación dun operador enerxético de titularidade 100% municipal", sinala o Consistorio.

Pola súa banda, o órgano de goberno de Emalcsa encomendaralle á dirección da sociedade o inicio do procedemento para a constitución dun operador enerxético municipal, unha vez celebrada a xunta xeral de accionistas onde se aprobe a conversión no medio propio municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta