Denuncian pingueiras e buracos nas paredes en centros da Universidade da Coruña

Acción Universitaria denuncia o "pésimo estado" nas infraestruturas desta universidade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/12/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O sindicato estudantil Acción Universitaria denunciou "danos" en centros da Universidade da Coruña (UDC), así como o "pésimo estado" das infraestruturas entre campus.

Nun comunicado, asegura que, para denunciar esta situación, puxeron unha campaña, entre outros medios a través de redes sociais, "visibilizando o problema".

En concreto, denuncian a existencia de "danos" nas facultades de Ciencias e Informática e na biblioteca universitaria Xoana Capdevielle. "Desde pingueiras e buracos nas paredes, pasando por enchufes nun estado deplorable", explican.

A iso, suman "o pésimo estado das estradas e da iluminación". Como exemplo, sinalan que a existente entre os campus de Elviña e A Zapateira non ten "ningún tipo de iluminación".

Por outra banda, lamentan que "a pesar de ser un problema que leva anos nas facultades" non se adoptaron solucións. Por iso, afirman que empezaron a subir fotos dos danos que denuncian nas redes co hashtag #PareceUnhaBroma.

Pingueiras nun edificio público
Pingueiras nun edificio público

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta