Adeus ao diario de a bordo dos pesqueiros

A Cámara pediu "adecuar ou eliminar" esa "obrigatoriedade do rexistro diario" nos buques. Tamén urxe á Xunta a acometer melloras no porto de Portosín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Parlamento galego instou este venres ao Goberno central -tras unha iniciativa do PPdeG-- a "adecuar" ou "mesmo eliminar" a obrigatoriedade do rexistro diario de xornada por parte dos tripulantes a bordo de barcos pesqueiros.

A Cámara demanda ao Executivo central que aclare a aplicación desta norma, á vez que se pide que se teñan en conta "as peculiaridades" do sector. Así, na comisión de Pesca, o deputado popular Alberto Pazos Couñago considera "razoable a petición do sector de que se teña en consideración a especialidade do traballo no mar para impedir que a aplicación da normativa estatal dificulte burocráticamente a actividade nos buques".

"Non se trata tanto de establecer os mecanismos, senón tamén de como contabilizar as horas de presenza a bordo, xa que parte destas non son de traballo efectivo", indica.

OUTRO ACORDO

Por outra banda, nesta comisión aprobouse outro acordo --de Común da Esquerda--, neste caso por unanimidade, polo cal a Cámara insta o Goberno galego a realizar "de inmediato" melloras no porto de Portosín, no municipio de Porto do Son (A Coruña), en contacto cos profesionais que usan as instalacións.

O deputado Xan Xove alertou das "deficiencias que afectan á seguridade e á saúde das persoas" en cuestións como as varandas de protección, a nave de rederas ou as tomas de electricidade.

Buque pesqueiro. BDI COMUNICACIÓN - Arquivo
Buque pesqueiro. BDI COMUNICACIÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta