Feijóo pide á Avogacía do Estado que non sexa "moeda de cambio" nas conversas entre PSOE e ERC

"Se un partido independentista vai dirixir a Avogacía do Estado, quedamos sen avogacía e sen Estado", di o presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confiou este luns en que o ditame da Avogacía do Estado sobre a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en relación a Oriol Junqueras "non teña nada que ver co posible acordo entre o PSOE e ERC", dado que este órgano debe actuar "con rigor" e non converterse en "moeda de cambio".

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

"As leis non se negocian e a defensa e representación en xuízo da nación española non se pode negociar", dixo Núñez Feijóo, quen ratificou que "a interpretación das leis de acordo coas doutrinas dos tribunais non pode ser unha moeda de cambio para conseguir un Goberno" en España.

Se é así, sentenciou, ese futuro goberno "empezaría non mal, se non peor". "Se un partido independentista vai dirixir a Avogacía do Estado, quedamos sen avogacía e sen Estado", resolveu.

En todo caso, confiou en que os xuíces e a Avogacía "actúen" como teñen "adoitado" á sociedade, isto é, "con rigor". "As leis e o seu cumprimento non se negocian", reiterou.

Do mesmo xeito, o presidente galego criticou que o Goberno de España estea "a depender do que diga o señor Junqueras e o señor Puigdemont', dado que "o Partido Socialista e Podemos son só actores secundarios" deste "teatriño" e o candidato á presidencia, Pedro Sánchez, non ten entre "os seus intereses" os "intereses de España".

Sobre a petición da Fiscalía do Supremo para que se suspenda a inmunidade de Puigdemont e Toni Comín, Núñez Feijóo dixo que lle parece unha decisión "correcta. "Son señores que delinquiron, que expuxeron e executaron delitos de forma continuada e estanse rindo de todos os cidadáns", dixo o presidente galego, para quen "a única alternativa é cumprir a lexislación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta