A Xunta e a Fegamp colaboran para que os concellos do rural melloren a cobertura móbil

Os concellos que cumpran cos requisitos (ter deficiencias en comunicacións móbiles) integraranse nun proxecto que desenvolverá Retegal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2019 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinaron un acordo que permitirá ás entidades locais adherirse á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural.

Nun comunicado, a Xunta de Galicia explicou que os municipios do rural interesados poderán realizar a solicitude de adhesión a través da Fegamp desde principios de xaneiro ata mediados de febreiro.

En concreto, as entidades locais interesadas deberán presentar un proxecto, que inclúa información de zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura así como a posta a disposición dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a actuación eléctrica, para o que poderán solicitar unha axuda máxima de 30.000 euros.

A Xunta indicou que os concellos que cumpran cos requisitos (ter deficiencias en comunicacións móbiles) integraranse nun proxecto, que se desenvolverá a través dun encargo ao operador público Retegal para a construción das torres e unha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva.

O seguinte paso será a adxudicación do proxecto, prevista para finais do primeiro semestre do 2020 co obxectivo de completar a construción da totalidade das torres nun prazo de dous anos.

Desta actuación, que conta cun investimento público de 5 millóns de euros, poderán beneficiarse núcleos de ata 118 concellos do ámbito rural nos que se detectou algún problema coa cobertura móbil. A maioría teñen menos de 10 habitantes pero algúns deles rexistran gran circulación de persoas ao tratarse de destinos turísticos ou zonas situadas no Camiño de Santiago.

Antena en O Courel
Antena en O Courel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta