O líder carga contra o PP por pedir agora para a AP-9 o que non pedía con Aznar e Rajoy

O BNG liga o seu apoio á investidura a que haxa unha solución a "a discriminación" a Galicia coas peaxes da AP-9.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2019 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cargou contra o "cinismo absoluto" do PP respecto da subida de peaxes na AP-9, tras deixar o expresidente do Goberno José María Aznar e a exministra de Fomento Ana Pastor unha "herdanza endemoniada".

A preguntas da prensa este sábado en Lugo pola subida do 2,69% das peaxes a partir do 1 de xaneiro, Caballero recriminou que "Aznar prorrogou durante décadas a cesión da autoestrada a unha concesionaria e Ana Pastor é a que asinou os incrementos que hoxe se dan na subida das peaxes".

A continuación, criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi "un aplaudidor" desta situación. Por iso, asegura que os socialistas van cambiar "no Goberno e na Xunta "o que Feijóo non fixo cando goberna o PP en Galicia e cando gobernou o PP en España".

"Aznar meteulle un golpe a Galicia, que estamos a sangrar cada ano, porque prorrogou unha concesión que noutras autoestradas da mesma época xa están levantadas", recrimina. E é que considera que a AP-9 "tiña que estar xa liberada ou a piques de liberarse".

De tal forma, apela a empregar "mecanismos" fronte a unha subida de peaxes "inaceptable". Ante isto, empraza a conformar un Goberno central "en plenitude de funcións" e con orzamentos para "apostar con claridade" por "conter" a subida.

O ex ministro de Fomento e Feijóo na inauguración dun tramo da AP-9
O ex ministro de Fomento e Feijóo na inauguración dun tramo da AP-9 | Fonte: EP

BNG

Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, liga o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno a que haxa unha solución para "discriminación flagrante a Galicia" coa "estafa" na subida das peaxes da autoestrada AP-9, unha cuestión que avisa será "determinante" para o sentido do seu voto.

Este sábado militantes do Bloque protagonizaron unha protesta na Coruña ante a Delegación do Goberno tras unha pancarta na que se podía ler 'AP-9 galega e sen peaxes', mentres varias persoas portaban letras que conformaba a palabra 'roubo'. Todo iso, despois de que o venres o Goberno dese luz verde a unha nova subida do 2,69% nas peaxes a partir do 1 de xaneiro.

En declaracións aos medios, Rego censura que a AP-9 rexistra "por terceiro ano consecutivo a maior subida do Estado español", cun aumento de prezos acumulado "en 10 anos do 30%". Unha "discriminación" que contrapón aos 468 quilómetros de autoestradas do Estado do Levante e Andalucía que quedarán "liberadas" a partir do 1 de xaneiro.

Por iso, Néstor Rego deixa claro que "é unha das cuestións" que o Bloque "colocou sobre a mesa nun posible acordo de investidura", á vez que fai que "estea na axenda política e debate político" de Galicia e o Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Miúdo

O BNG busca algo para vender aquí, dando a imaxen de que con eles todo se soluciona. Mais as maiorías hai que saber facelas. Con tanta dispersión entre BNG, En Marea, C*G,...o povo galego mengua diante da oferta españolista. Polo País e non polas Organizacións...antes de que sexa tarde o BNG deberá dar exemplo como irmán maior. Unidade Galega Xa!

1 Gamela

Cando non había outra que pagar polas autoestradas, aínda se podía entender algo, pero agora que cada autonomía ten barra libre, o AGRAVIO é INSOPORTABLE ! https://www.lavanguardia.com/local/... Todos minten pero cobran cada mes sen facer absolutamente nada para mellorar a vida das persoas! Autoestrada, Renfe, Endesa, Alcoa, Verín... e todo sen saber que pensan facer no futuro !!! Pensións? De onde van sacar os cartos para tanta festa ???