Temas: DVICIO

Sex in Galicia: unha web dos USA ensina a ligar "nunha lingua que desaparece"

Baixo o título de "Casa conmigo, cariño, que teño vacas!" a web Tipsy Pilgrim -o peregrino borracho- analiza as formas de contactar cunha muller en galego, unha lingua "procedente da zona máis rural da península ibérica que amosa unha obsesión polos tractores e as vacas á hora de ligar". Burradas a milleiros no interior.

Por GC Tendencias | Galicia | 24/08/2012 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A web Tipsy Pilgrim analiza varias das nosas máis coñecidas expresións empregadas no cortexo entre home e muller en Galicia. Cun ton claramente desenfadado, os angloparlantes poden aprender expresións tan nosas como "Ghastas pista ou queres caña?", así como acceder mediante unhas sinxelas explicacións ao significado e uso destas extraordinarias construcións lingüísticas. A web inclúe un vídeo explicativo dun "nativo" sobre unha actividade sexual que non ten perdón de Deus...

'Rapaza galega e vaca' (Tipsy Pilgrim)
'Rapaza galega e vaca' (Tipsy Pilgrim)

Expresións traducidas:

És máis juapa c'un arado con peghatinas: You're prettier than a plow with stickers. 

Estudias ou traballas?: Do you work or do you study?  

Nena, bailas ou fodes?: Girl, do you dance or do you fuck?

Ghastas pista ou queres caña?: Wanna dance or wanna drink/fuck?

És de eiqui ou ves a festa?: Are you from around here or did you just come for the party?

Ghastas pista?: You wanna dance?

Nena, casa comigho que teño vacas: Marry me, darling, for I have cows!

Se che poño o pixo ás costas vas parecer un camión cisterna: If I put my dick in your backside, you'll look like a tanker truck.

Vouche comer a reghla a culleradas: I want to eat your menstruation by the spoonful.

Nena, quérote a tractoradas: Girl, I love you as much as a tractor.

Nena, quen te pillara na horta do meu pai cunha perna en cada rego: Girl, you would be caught in my dad's field with one leg in each of the grooves made by the tractor's wheels.

Ver todas as expresións en Tipsy Pilgrim.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

8 cocoliso

Eu por ti baixaba sentado nun orinal a costa de San Agustín :P

7 Galiza em Positivo

Quanto antes desapareça esta linguagem denigrante contra a mulher, o video da nojo, melhor, a maioria d@s galeg@s não nos parecemos em nada a este tipo de personagens, isto não é mais que uma cheia de preconceitos sobre a nossa terra.

1 Un tipo

O problema non é do idioma, é das persoas que se expresan tan tristemente. E os colegas jaleando. Disto vin moito. Son home e non me recoñezo, pero non hai que tirarse dos pelos pola odea desta web.

2 En galego, por favor

O vídeo é unha merda, e é certo que non representa á maioría dos homes de Galicia. Pero podías probar a escribilo en galego... por se a presión do castelán sobre a nosa lingua non fose suficiente, agora vainos tocar lidar co portugués? Entre uns e outros ides acabar co galego!!

6 Galiciaédiferente

Por que non van buscar a linguaxe das aldeas perdidas por Castela e no resto de España? Esta tontería o único que fai é continuar o tópico do galego "montuno" (que aínda existe moito) pero non nos fai ningún ben de cara a normalización do noso idioma. Montunos, toscos e xente vulgar haina en todas a partes e non por iso os seus conxéneres "educados" lle dan autobombo a unha circunstancia vergoñenta.

1 Paco Gallego

Non o vexo así. Nesa web tratan formas de "ligar" de diferentes lugares/linguas. A nosa lingua está aí e iso importa. O único malo deste mundo é desaparecer...no esquecemento.

5 Chapuzas a domicilio

"Non ten perdón de Dios"... sin comentarios.

1 Andy

Pon "perdón de Deus"

4 Omeu e meu

Joder!!! o peor e que eu xa os escoitara todos, jajajaja!

1 Visitadora

Eu tamén....case todos....hahahahahaha

2 Omeu e meu

Non sei por que se poñen asi.... e unha realidade.... e non creo que este baseado no machismo.... por que sempre é en clave de humor.... o saber reirse de un mesmo!