A familia de Rajoy apupada en Sanxenxo

A muller, os fillos e algúns familiares do presidente do Goberno Mariano Rajoy foron apupados mentres acudían a desfrutar da Praia de Silgar, en Sanxenxo, lugar tradicional de veraneo do máximo mandatario español; segundo relatan varias testemuñas.

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 24/08/2012 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Son varias as persoas que xa o contaron aínda que ningún medio de comunicación deu conta do sucedido. E iso, a pesares de que algún xornalista informou ao seu director do acontecido. Foi hai dúas semanas, na segunda fin de semana de agosto e a escena foi un pouco embarazosa para a muller de Rajoy, diana dos abuchegos dalgúns bañistas. 

Rajoy en Sanxenxo
Rajoy en Sanxenxo

Elvira Fernández baixaba acompaña dos seus fillos e familiares (algunhas fontes din que se trataba da dona e o irmán de Mariano Rajoy) á praia de Silgar, en Sanxenxo, lugar tradicional de veraneo do actual presidente español. Ao ser recoñecidos por algúns bañistas comezaron os asubíos e mesmo insultos. Incomodados pola situación, os apupados decidiron recoller as súas cousas e marchar da praia.

Habitual de Silgar

É a primeira vez que a familia de Rajoy se sinte incómoda nun lugar que coñecen moi ben e que visitan varias épocas do ano. Precisamente, Mariano Rajoy posúe un apartamento na céntrica rúa Progreso, moi preto da praia de Silgar, un dos seus lugares preferidos e que xa frecuenta desde que estaba solteiro e era presidente da Deputación de Pontevedra.

Pero este ano as circunstancias mudaron xa que, polo feito de ser presidente do Estado, as medidas de seguridade se incrementaron e mesmo recomendaron un lugar máis apartado do centro da vila --moi concorrida durante o verán-- para que todos os protocolos de seguridade funcionen adecuadamente. Algunhas fontes aseguran que Rajoy e a súa familia estiveron aloxados no chalé que o seu irmán, Enrique Rajoy, ten nas aforas de Sanxenxo. Outras apuntan a que nun pazo en Ribadumia. En todo caso, o certo é que os poucos días que o presidente español estivo en Sanxenxo non se aloxou no seu piso.

Rutina

Por iso, a rutina que Rajoy tiña no verán tivo que ser mudada; os paseos matutinos por Silgar, os pinchos na Taberna do Náutico, as compras polo centro da vila coa súa muller ou o café no Liceo Casino de Pontevedra. Con todo, e aínda que fora só por uns días, o xefe do Executivo Español aproveitou para desfrutar do sol e da auga das Rías Baixas.

Rajoy na praia de Silgar este verán
Rajoy na praia de Silgar este verán
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

25 pepero 100%

tenemos q hacer caso de todo lo q se lee..yo tambien puedo decir lo mismo pero q fue a rubalcava y familia y la gente creerlo..poner pruebas de ello antes de decir una noticia porque una cosa es q no haiga prensa y otra q nadie lo gravase en movil

24 agostodeldoce

Entendo, perfectamente a situación pola que atravesa España actualmente, pero o que non se debe perder nunca é a educación, aínda que os demais non se veñan a comportar como deberían facelo, nós non temos porque copiar esa mala imaxe, e sinceramente acosar a calqueira por moito que sexa un político ao non lle mostremos moita simpatía paréceme de moi mal gusto. Recórdobos, tamén, que o Goberno está formado por un presidente é uns ministros, e esta é só a imaxe, posto que os que de verdade gobernan son os que teñen por detrás. Ademáis, non é ético nin moral que se lle vaia a acosar a ninguén e moito menos da súa familia. Con isto, non pretendo posicionarme nin en contra nin a favor de ningún goberno senón que só dou unha opinión do que é a moralidade e o respeto, non fai falla recordar que a ningúen lle gostaría virse nesa situación. Aínda, que falar de moralidade é algo irónico posto que nin uns nin outros neste país saben o qué significa.

23 lugo

Sinceramente non me parece ben que asubíen a muller de Rajoy e moito menos cando vai con seus fillos (que son menores de idade), unha cousa é asubilao a el noutros escenarios pero xamais estando cos fillos o cal paréceme moi grave, igual de grave me parece que os chamados periodistas non informen do que lle acontece o presidente do goberno simplemente por "tapar"

22 Ricardo

A ver si de esta manera tan "directa" se entera de que lo está haciendo mal y que los recortes han de empezar por arriba y los primeros los de casa. ¡Marianoo! Espabila.

21 Jose Rodríguez Fernández

AFORTUNADAMENTE HAY XENTE INTELIXENTE EN SAXENXO E EN TODA ESPAŃA