Sanidade á oposición: Contas destaca o "rigor" da Xunta na execución do Plan de Saúde Mental

O Goberno galego chama aos grupos da oposición a ser rigorosos nas súas afirmacións, "porque o que están a dicir non ten fundamento nin responde ao recolleito" no informe.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2025 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade instou ao PSdeG e ao BNG a reler o informe do Consello de Contas, ao asegurar que "destaca o rigor orzamentario da Xunta" de Galicia na execución do Plan de Saúde Mental.

Así o sinalou despois de que o mércores a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladase que o documento sinala que o PP só executou 33,5 dos 80 millóns comprometidos e este xoves o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusase á Xunta de deixar de executar 50 millóns de euros.

Respecto diso, o Executivo galego trasladou que, fronte ás afirmacións "completamente erróneas" que, segundo sinalou, "verten os representantes dos partidos da oposición, a Xunta aclara que "o informe de Consello de Contas relativo ao Plan de Saúde Mental unicamente analiza os anos 2021 a 2023, deixando fóra da avaliación os anos 2020 e 2024, durante os que tamén se estendía o plan.

Ademais, o departamento autonómico argumenta que o documento só analiza a execución dos capítulos orzamentarios II, IV e V, que se corresponden con gastos correntes, transferencias correntes e investimentos, deixando fose o capítulo de persoal.

Deste xeito, apunta que, a pesar de que só se refire a uns anos concretos de execución do Plan de Saúde Mental e a que non recolle todos os capítulos, sostén que pon en valor o "rigor orzamentario" na execución do citado plan e sinala que unicamente houbo unha variación do 0,7% con respecto ao investimento orzamentado.

A Xunta di que o Plan de Saúde Mental da Xunta estaba dotado cun investimento de 83 millóns, incluíndo tamén o gasto de persoal, algo que o Goberno galego di que "non se ten en conta no informe".

Por tanto, o Goberno galego chama aos grupos da oposición a ser rigorosos nas súas afirmacións, "porque o que están a dicir non ten fundamento nin responde ao recolleito" no informe.

"A Xunta ten entre as súas prioridades a mellora da atención á saúde mental para ofrecer a máxima calidade asistencial aos pacientes", indicou para sinalar que "consciente do incremento dos problemas de saúde mental desde a pandemia, o Goberno galego desenvolveu ese plan poscovid, 2020-2024 dotado con 83 millóns de euros.

Este plan, segundo apunta, tivo un carácter participativo, incluíndo as propostas dos profesionais, asociacións e federacións de pacientes, tal e como sostén que asegura Contas.

O ente fiscalizador recoñece, ademais, que os obxectivos do Plan son coherentes coas directrices da Organización Mudial da Saúde e coa promoción da saúde mental, a prevención e a atención integral.

"O propio Consello de Contas recoñece no seu informe o esforzo da Xunta por dotar a sanidade pública galega de psicólogos e psiquiatras, e sinala que a contratación foi superior á prevista", apuntou.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta