A familia de Rajoy apupada en Sanxenxo

A muller, os fillos e algúns familiares do presidente do Goberno Mariano Rajoy foron apupados mentres acudían a desfrutar da Praia de Silgar, en Sanxenxo, lugar tradicional de veraneo do máximo mandatario español; segundo relatan varias testemuñas.

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 24/08/2012 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Son varias as persoas que xa o contaron aínda que ningún medio de comunicación deu conta do sucedido. E iso, a pesares de que algún xornalista informou ao seu director do acontecido. Foi hai dúas semanas, na segunda fin de semana de agosto e a escena foi un pouco embarazosa para a muller de Rajoy, diana dos abuchegos dalgúns bañistas. 

Rajoy en Sanxenxo
Rajoy en Sanxenxo

Elvira Fernández baixaba acompaña dos seus fillos e familiares (algunhas fontes din que se trataba da dona e o irmán de Mariano Rajoy) á praia de Silgar, en Sanxenxo, lugar tradicional de veraneo do actual presidente español. Ao ser recoñecidos por algúns bañistas comezaron os asubíos e mesmo insultos. Incomodados pola situación, os apupados decidiron recoller as súas cousas e marchar da praia.

Habitual de Silgar

É a primeira vez que a familia de Rajoy se sinte incómoda nun lugar que coñecen moi ben e que visitan varias épocas do ano. Precisamente, Mariano Rajoy posúe un apartamento na céntrica rúa Progreso, moi preto da praia de Silgar, un dos seus lugares preferidos e que xa frecuenta desde que estaba solteiro e era presidente da Deputación de Pontevedra.

Pero este ano as circunstancias mudaron xa que, polo feito de ser presidente do Estado, as medidas de seguridade se incrementaron e mesmo recomendaron un lugar máis apartado do centro da vila --moi concorrida durante o verán-- para que todos os protocolos de seguridade funcionen adecuadamente. Algunhas fontes aseguran que Rajoy e a súa familia estiveron aloxados no chalé que o seu irmán, Enrique Rajoy, ten nas aforas de Sanxenxo. Outras apuntan a que nun pazo en Ribadumia. En todo caso, o certo é que os poucos días que o presidente español estivo en Sanxenxo non se aloxou no seu piso.

Rutina

Por iso, a rutina que Rajoy tiña no verán tivo que ser mudada; os paseos matutinos por Silgar, os pinchos na Taberna do Náutico, as compras polo centro da vila coa súa muller ou o café no Liceo Casino de Pontevedra. Con todo, e aínda que fora só por uns días, o xefe do Executivo Español aproveitou para desfrutar do sol e da auga das Rías Baixas.

Rajoy na praia de Silgar este verán
Rajoy na praia de Silgar este verán
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

10 eu non teño vacacions

hombre... quen sementa ventos recolle tempestades, el sabia a formula maxistral pa sacarnos da crise, pero claro...polo visto non era dono de tal, e ahora descubre que non e o mesmo gobernar que estar na oposicion facendo de aprendiz de piromano. o do apupamento ( jesus vaia palabro) a muller, fillos e familiares, bueno... non o vexo demasiado correcto pero creo que hay tempo que a xente lle perdio respeto a unha pila de cousas entre elas os politicos.

9 e1u

xa se sabe que toda a esquerda independentista galega veranea en Sanxenxo. Que radicales te son!

8 bañista de SANXENXO

Patético "MARIANICO el CORTO" apupa Mariaaaaaaaaaaaano que marcha o púuuuuuuuublico!!!!

7 meparto

que esperar de los demócrtas MATONES que no saben mas que amenazar??? defienden sus ideas con la imposición de la fuerza, amenzan con cazarnos como conejos o cerdos, y masacrarnos . LOS DEMÓCRATAS ELLOS, la upg, ese crupusculo que aspira a ser como los stalinistas y aplicar sus métodos, no sabeis lo que es la tolerancia, pero los gallegos en estas próximas elecciones...... os vamos a mandar al p*to olvido

1 MARI-ANO

Tranqui, Galleguiño, que as vacacions non rematarpm, tes tempo para lember o cu a D.MARIANO. VIVA D. MARIANO, D. MARI-ANO, noso lider. Levanos a luz D. MARI-ANO. AVENTE D. MARI-ANO. QUE JUSTIÑO ME DA D. MARI-ANO

2 Temén me parto

Ten razón. Aí vai unha imaxe dos esbirros do oPPusdeísta Fernández Díaz: http://informacionporlaverdad.files...

3 anonimo

Matons os put.. fachas coma ti que rexen concellos a golpe de cacicadas, o teu comentario parece sacado do NODO do tempo de Franco. Que marche para Madrid a veranear nos xardins da Moncloa e de paso vas ti a lamberlle o cú.

4 Breoghain

Pois eu a única violência que reparte obleas por cá e por lá são as FSE baixo o comando do Mº correspondente do governo de D. Mariano além da violência económica-financeira que deixa sem comer á gente. Chega a haver curtes do 10% do que se passa aquí em França ou UK e não sei o que se passaria.

5 Arraiano

Seica non lembras os desfiles do 12 de Outubro ou as burlas ás fillas de Zapatero? Rajoy está a recoller o que sementou durante 7 anos.

6 Non_hom

A falta de respecto nunca é boa, e menos para a familia. Tampouco se fose o propio Raxoi o que estivese na praia serían correctos os apupos. Crítica á súa política, toda. Mais nos lugares onde ten que ser: parlamento, medios de comunicación, redes sociais...