A familia de Rajoy apupada en Sanxenxo

A muller, os fillos e algúns familiares do presidente do Goberno Mariano Rajoy foron apupados mentres acudían a desfrutar da Praia de Silgar, en Sanxenxo, lugar tradicional de veraneo do máximo mandatario español; segundo relatan varias testemuñas.

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 24/08/2012 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Son varias as persoas que xa o contaron aínda que ningún medio de comunicación deu conta do sucedido. E iso, a pesares de que algún xornalista informou ao seu director do acontecido. Foi hai dúas semanas, na segunda fin de semana de agosto e a escena foi un pouco embarazosa para a muller de Rajoy, diana dos abuchegos dalgúns bañistas. 

Rajoy en Sanxenxo
Rajoy en Sanxenxo

Elvira Fernández baixaba acompaña dos seus fillos e familiares (algunhas fontes din que se trataba da dona e o irmán de Mariano Rajoy) á praia de Silgar, en Sanxenxo, lugar tradicional de veraneo do actual presidente español. Ao ser recoñecidos por algúns bañistas comezaron os asubíos e mesmo insultos. Incomodados pola situación, os apupados decidiron recoller as súas cousas e marchar da praia.

Habitual de Silgar

É a primeira vez que a familia de Rajoy se sinte incómoda nun lugar que coñecen moi ben e que visitan varias épocas do ano. Precisamente, Mariano Rajoy posúe un apartamento na céntrica rúa Progreso, moi preto da praia de Silgar, un dos seus lugares preferidos e que xa frecuenta desde que estaba solteiro e era presidente da Deputación de Pontevedra.

Pero este ano as circunstancias mudaron xa que, polo feito de ser presidente do Estado, as medidas de seguridade se incrementaron e mesmo recomendaron un lugar máis apartado do centro da vila --moi concorrida durante o verán-- para que todos os protocolos de seguridade funcionen adecuadamente. Algunhas fontes aseguran que Rajoy e a súa familia estiveron aloxados no chalé que o seu irmán, Enrique Rajoy, ten nas aforas de Sanxenxo. Outras apuntan a que nun pazo en Ribadumia. En todo caso, o certo é que os poucos días que o presidente español estivo en Sanxenxo non se aloxou no seu piso.

Rutina

Por iso, a rutina que Rajoy tiña no verán tivo que ser mudada; os paseos matutinos por Silgar, os pinchos na Taberna do Náutico, as compras polo centro da vila coa súa muller ou o café no Liceo Casino de Pontevedra. Con todo, e aínda que fora só por uns días, o xefe do Executivo Español aproveitou para desfrutar do sol e da auga das Rías Baixas.

Rajoy na praia de Silgar este verán
Rajoy na praia de Silgar este verán
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

5 Manolo_

Confundindo o chourizo coa velocidade. A muller floreiro/cortina de fume/ tapadeira de Mariano non é un cargo público, non foi escollida nin votada para nada, nin polo tanto ten por que ser diana de paridas así. Que o fumador de puros merecese a introdución de dúas caixas enteiras de Montecristo con celofán e todo, é outra cousa.

4 AFORRAR

Si non quere ter mais apupos, o loxico é que o veran o faga en Madrid, dando paseos polo "retiro", Hay que aforrar, de feito é un funcionario, pagado por todos nos. Os demais non poden, pois el tampouco.

3 Otro mais

Rajoy es un poco ingenuo. Que se esperaba?

2 Parabéns dun gclpluseiro

Gracias GC por ser o único medio valente dabondo para publicar estas informacións. Gustaríame escoitar agora os que auguraban a vosa morte en canto nacesen outros proxectos "realmente comprometidos" con non sei que patria. Estades a dar unha lección de xornalismo de calidade. Seguiredes a ter o meu apoio, avante toda.

1 Que lle vaian dando

E que esperaba o rexistrador metido a estadista?, que o recibisen baixo palio e lle fixesen unhas lambetadas polos baixos?