Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2020 | Actualizada ás 17:57
Grupo Común da Esquerda trasladou un escrito á mesa da Comisión de Investigación dás Caixas de Aforro para solicitar a súa activación e que se abra un novo período de comparecencias, ademais de novas peticións de información adicional a Abanca e ao FROB.
O deputado Antón Sánchez lembrou que o PP "mandou a comisión á neveira" na lexislatura anterior, despois de que terminasen "precipitadamente" as comparecencias "co pretexto da urxencia para sacar conclusións", que finalmente non se obtiveron.
"Pero co resultante da fusión das caixas privatizado a prezo de ganga", lamentou, engadindo que pasaron "máis de dous anos" sen actividade na comisión "polo bloqueo que fai o Grupo Popular".
A proposta de Común da Esquerda ten o obxectivo de que se aclaren as circunstancias que rodearon a todo este proceso, sobre todo tras lembrar que durante o Goberno de Alberto Núñez Feijóo privatizouse o 40% do aforro galego e entregouse a un banco venezolano.
"Detrás da crise económico-industrial actual de Galicia están os efectos da venda de activos industriais como R a Euskaltel, que lle reportou a Abanca 203 millóns de plusvalías no exercicio de 2015 e que acaban tendo efectos negativos no emprego", denunciou Sánchez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.