Unha sentenza recoñece a legalidade dos convenios colectivos que limitan a contratación de ETT

O TSXG recoñece "a falta de lexitimación das ETT para demandar por ilegalidade os convenios que inclúan este tipo de cláusulas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2020 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou unha demanda presentada por Asempleo, a patronal de sector de empresas de traballo temporal (ETT), contra o convenio de limpezas de edificios e locais da provincia da Coruña e recoñeceu a legalidade de que os convenios colectivos limiten a contratación destas compañías, segundo informa o sindicato CIG a través dun comunicado.

De acordo coa organización, o alto tribunal galego recoñece "a falta de lexitimación das ETT para demandar por ilegalidade os convenios que inclúan este tipo de cláusulas". "Con esta decisión xudicial quedan limitadas as posibilidades de impugnación dos nosos convenios por parte destas asociacións", explica o secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Paco Sío.

O propio TSXG, segundo lembra o sindicato, "xa lle deu tamén a razón á CIG na sentenza do 11 de decembro de 2014 e validara a limitación da contratación por ETT no sector do metal da provincia de Pontevedra", salvo en supostos de "substitución por incapacidade temporal (IT), vacacións ou licenzas".

Así mesmo, a organización destaca que este fallo crea "un precedente importante ao desmontar a estratexia" de Asempleo de "atacar a todos os convenios ao longo do Estado español que inclúan limitacións ás ETT". Finalmente, Paco Sío apunta á Xunta e denuncia que "participa activamente" nesta campaña da patronal das ETT, "xa que ten paralizados sen rexistrar convenios galegos por incluír este tipo de cláusulas" limitativas.

Rolda de prensa da CIG
Rolda de prensa da CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta