A Xunta sitúa ao diálogo social como "mellor ferramenta" para asegurar un traballo de "calidade e de futuro"

O pasado decembro os principais axentes económicos e sociais asinaron, xunto á Xunta, un novo acordo de diálogo social.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, situou ao diálogo social como "a mellor ferramenta" para contar cunha "Galicia competitiva" que asegure "un traballo de calidade e de futuro" baseado en valores como a igualdade e a formación. Así o expresou o conselleiro durante a súa participación este venres nas xornadas de acción sindical e negociación colectiva organizadas por UXT-FICA Galicia en Teo (A Coruña).

Neste contexto, Conde lembrou que o pasado decembro os principais axentes económicos e sociais asinaron, xunto á Xunta, un novo acordo de diálogo social para "fortalecer o modelo produtivo galego a través dunha maior igualdade laboral, maior presenza da innovación e a formación, un maior compromiso coa sustentabilidade e a modernización das relacións laborais", explica o Goberno galego.

As novas medidas, promete, permitirán "reforzar" o tecido empresarial, "estabilizar" o ritmo de produción e "ofrecer mellores condicións" para "garantir a captación de novos investimentos e empresas". Con todo, segundo as súas cifras, Galicia é a Comunidade Autónoma con maior número de convenios colectivos -máis de 1.000-, dos que se benefician máis de 485.000 persoas. Por iso, Conde apelou a seguir na vía do diálogo e avanzar en retos como a Industria 4.0 ou a transición enerxética "xusta e ordenada".

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunhas xornadas sobre diálogo social e negociación colectiva.. XUNTA - Arquivo
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nunhas xornadas sobre diálogo social e negociación colectiva.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta