Falece o condutor dun tractor ao chocar contra o muro dunha casa en Manzaneda

De momento descoñécense as causas que puideron provocar o accidente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2020 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

Un home faleceu na tarde deste sábado ao sufrir un accidente mentres manexaba o tractor co que chocou contra unha casa no municipio ourensán de Manzaneda.

Segundo explicaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, o condutor do tractor saíuse da vía e chocou contra o muro dunha casa cara ás 13,50 horas no lugar de Placín, no número 34, nesta localidade ourensá.

A voz de alarma dérona os servizos de Urxencias Sanitarias do 061, que comunicaron ao 112 Galicia que un vehículo agrícola acabara chocando cun muro dunha vivenda e a persoa que o conducía probablemente falecese no impacto.

Tras o aviso, os profesionais de emerxencias avisaron á Garda Civil, a Protección Civil da localidade e ao GES de Castro Caldelas. Unha vez alí, os axentes confirmaron que a persoa falecera a pesar dos esforzos dos sanitarios por salvarlle a vida.

As mesmas fontes precisaron que de momento se descoñecen as causas que puideron provocar o accidente.

Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo
Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta