Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2020 | Actualizada ás 15:03
Os axentes da Garda Civil incautaron no aeroporto de Lavacolla un total de sete pezas fósiles que procedían de Marrocos e que carecían da pertinente documentación e non foran declarados previamente.
Os feitos sucederon ao realizar unha inspección fiscal á equipaxe dun pasaxeiro que viaxaba desde Marrocos. Foi na súa maleta onde os axentes atoparon os obxectos que non contaban coa documentación de procedencia e nin figuraba a legalidade dos mesmos.
Pola súa banda, o propietario da maleta alegou que os comprou nas tendas de varias localidades durante a súa viaxe a Marrocos, pero que non tiña as facturas ou tickets de ditas compras.
Ante a ausencia de ningún tipo de documentación nin de orixe, nin declaración aduaneira nin da autoridade marroquí competente, a Garda Civil requisou os fósiles e interpuxo unha denuncia por suposta infracción de contrabando.
Ademais, o corpo de seguridade español solicitou a Marrocos ditame sobre os fósiles e en función da resposta, o propietario "podería ser investigado como presunto autor dun delito contra o patrimonio histórico", explicaron os axentes nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.