Educación anuncia a licitación da reforma dos talleres de FP do IES da Estrada para 2020

O Goberno galego sinalou que "en base ás previsións iniciais", as obras serían unha remodelación xeral do edificio onde se imparten as aulas do ciclo de grao básico de Mantemento de vehículos e medio de Electromecánica de vehículos automóbiles, no IES Antón Losada Diéguez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, anunciou este luns que o seu departamento ten previsto licitar as obras nos talleres do IES Antón Losada Diéguez, na Estrada, para este 2020.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a titular explicouno durante a apertura do I Mostra de Orientación Educativa e Profesional do Concello da Estrada, que leva a cabo entre este luns e o 15 de xaneiro.

O Goberno galego sinalou que "en base ás previsións iniciais", as obras serían unha remodelación xeral do edificio onde se imparten as aulas do ciclo de grao básico de Mantemento de vehículos e medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.

O traballo incluiría tamén unha reforma integral dos aseos e os vestiarios masculinos, ademais da instalación duns femininos. Carmen Pomar sinalou que a actuación está en fase de redacción do proxecto e as obras, para as que se prevé un orzamento superior a 250.000 euros, poderían iniciarse a finais de ano.

Por outra banda, a Xunta indicou que a I Mostra de Orientación Educativa e Profesional no Concello da Estrada busca ensinar aos estudantes da localidade a oferta de estudos que hai no municipio, ademais doutras opcións a nivel universitario, das Forzas Armadas e do Centro de Superior de Hostalaría de Galicia.

Isto será levado a cabo a través de talleres impartidos no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, charlas sobre as posibles saídas dos estudos de FP, exposicións de orientación universitaria e información sobre a oferta de lecer á mocidade. Tamén no IES de Mugardos haberá un taller, neste caso de Agroxardinaría.

Centro de Ensinanza IES Antón Losada Diéguez na Estrada, Pontevedra
Centro de Ensinanza IES Antón Losada Diéguez na Estrada, Pontevedra | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta