Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2025 | Actualizada ás 16:15
Os tripulantes dunha lancha que participaba na procesión da Virxe da Carmen no municipio coruñés de Boiro necesitaron ser rescatados ao envorcar a embarcación na que viaxaban. Segundo explica a Europa Press o alcalde de Boiro, José Ramón Romeu, houbo "un pequeno susto" por unha "lancha pequena que ía pegada a un barco 'bateeiro", xa que as ondas provocadas pola embarcación mexilloeira deron lugar ao envorco.
Tras iso, os tripulantes subiron ao propio barco 'bateeiro' que remolcou a lancha a porto. Os feitos ocorreron pasadas as 14,00 horas deste mércores cando xa se ía cara a porto tras facer a ofrenda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.