Traballadores de Einsa Print encérranse no Concello das Pontes

Denuncian a falta dun plan de viabilidade e o incumprimento do compromiso de manter o emprego ata 2026.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2025 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

Ao redor de 70 empregados da planta de Einsa Print permanecen encerrados na casa consistorial das Pontes, horas antes de que se celebre a última reunión do período de consultas dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para 102 persoas en todo o grupo de artes gráficas, case todas (95) das instalacións do polígono de Penapurreira.

O comité oponse a este novo despedimento colectivo por considerar que é "o mesmo, sen causas sobrevindas" que o que se executou hai 15 meses para 120 persoas co compromiso de manter o emprego ata o 31 de decembro de 2026 e a presentación dun plan de viabilidade que, denuncia o presidente do comité, Antonio García, nunca chegou. A última reunión entre as partes terá lugar mañá xoves e a parte social non está disposta a fraccionar as indemnizacións en dous pagos.

Casa consistorial de As Pontes
Casa consistorial de As Pontes | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta