Temas: ARTESANíA

A Artesanía de Galicia promociónase na feira de referencia do deseño escandinavo en Estocolmo

A Xunta de Galicia está a impulsar a súa comercialización e promoción na feira de decoración Formex.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2020 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia está a impulsar a comercialización e a promoción de Artesanía de Galicia no mercado nórdico, na feira de decoración Formex, que se celebra en Estocolmo ata o vindeiro venres e na que se dan cita os referentes do deseño escandinavo.

Artesanía de Galicia na feira Formex de Estocolmo
Artesanía de Galicia na feira Formex de Estocolmo | Fonte: Xunta.

Como cada ano desde 2013, a Fundación Artesanía de Galicia presenta na capital sueca unha nova colección de pezas, unha proposta para crear ambientes baseados no produto artesán e nos que a artesanía tradicional combínase con produtos máis contemporáneos. Nesta edición, cóntase coa participación de 51 profesionais do sector artesán galego, dos cales un total de 18 son novas incorporacións.

A porcelana, o papel, o vidro, as pezas de coiro ou os xoguetes de madeira combinan coa olaría, coa cestaría tradicional, co téxtil, coa ilustración, co vidro, coas figuras tradicionais feitas con faragulla de pan ou coas pezas de madeira orientadas á gastronomía.

Este encontro está considerado unha das feiras profesionais de decoración de referencia do deseño escandinavo e celébrase en dúas edicións anuais, xaneiro e agosto. Trátase dunha "oportunidade única" para a reunión de axentes, importadores, deseñadores, produtores e compradores de deseño, indica a Xunta, que aposta así pola apertura e consolidación de novos mercados.

Temas: ARTESANíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta