Néstor Rego leva ata o Congreso as discriminacións ao galego na Administración

O deputado do BNG remite a queixa dunha cidadá que non puido realizar trámites en galego no Rexistro Civil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O BNG leva ao Congreso dos Deputados unha queixa transmitida por unha cidadá pola imposibilidade de realizar trámites en galego no Rexistro Civil. En concreto, a muller denunciou que nas oficinas carecen de documentación en lingua galega e que a tradución suporía unha demora de 15 días no trámite.

O deputado Néstor Rego lembrou a obrigación da Administración pública de garantir o "dereito" dos cidadáns a ser atendidos na lingua oficial da súa elección.

Así mesmo e tras insistir en que o acordo de investidura subscrito co PSOE figuraba o compromiso de normalizar o galego neste ámbito, o último informe do comité de expertos do Consello de Europa sobre a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minorizadas advertía do incumprimento neste sentido por parte dos poderes públicos do Estado.

Néstor Rego ante o Congreso. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Néstor Rego ante o Congreso. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta