Temas: FRASEOLOXíA

“Estirar a pata”, “recachar o rabo”, “dar os fíos á tea” ou “facer a carantoña”, algunhas das equivalencias do castelán “estirar la pata” (2ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 29/06/2025 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Dámoslle cabo ó artigo principiado a semana pasada, no que abordamos secuencias expresivas galegas que veñen a cadrar no seu uso e significado coa castelá estirar la pata.

Varios cadaleitos no chan e nichos estragados no cemiterio de Castiñeiras, en Ribeira
Varios cadaleitos no chan e nichos estragados no cemiterio de Castiñeiras, en Ribeira | Fonte: cedida

Estirar la pata

{= Deixar de vivir, morrer.}

Estirar a pata && Estarricar # Estricar a pata

Estirar a perna && Estarricar # Estricar a perna

Recachar o rabo && Requichar o rabo

Dar os fíos á tea

Facer a carantoña

Facer a careta

Recachar as mazarocas && Recachar a mazaroca

Ex.: Muchos se alegrarán el día en que el dictador estire la pata.

Moitos alegraranse o día en que o ditador estire/estarrique/estrique a pata estire/estarrique/estrique a perna recache o rabo dea os fíos á tea faga a carantoña recache a(s) mazaroca(s).

● Tamén:

Doblar # Torcer la cabeza && Liar el petate && Hincar el pico && Dar # Dejar # Perder el pellejo

Irlle gardar os pitos ó cura && Irlle gardar as galiñas ó cura && Irlle criar os pitos ó señor abade

Ex.: Moitos alegraranse o día en que o ditador lle vaia gardar os pitos ó cura lle vaia criar os pitos ó señor abade.

● E tamén:

Chamalo Deus [# o Señor # o noso Señor] && Levalo Deus [# o Señor # o noso Señor] && Irse con Deus # co noso Señor && Chamalo Deus [# o Señor # o noso Señor] para si && Chamalo Deus [# vo Señor # o noso Señor] ó seu carón && Chamalo Deus [# o Señor # o noso Señor] a pé del && Levalo Deus [# o Señor # o noso Señor] a pé del && Entregar a alma (a Deus # ó Señor # ó noso Señor)

● E mais tamén:

Cerrar el ojo # los ojos && Pasar a mejor vida && [E MESMO, SOBRE TODO NAQUELES CONTEXTOS EN QUE ENTENDEMOS QUE QUEN FINA OU FINOU NON ERA MALA PERSOA]: && Volar al cielo

Cerrar # Pechar # Fechar o(s) ollo(s) && Pasar a mellor vida && [E MESMO, SOBRE TODO NAQUELES CONTEXTOS EN QUE ENTENDEMOS QUE QUEN FINA OU FINOU NON ERA MALA PERSOA]: Ir para o ceo

● E inda tamén:

Irse # Marchar(se) de este mundo && Dejar este mundo && Ir(se) # Marchar(se) para el outro mundo && Ir(se) # Marchar(se) para el otro barrio

Irse # Marchar deste mundo && Deixar este mundo && Ir(se) # Marchar para o outro mundo && [E MAIS, SE CADRA POR INFLUENCIA CASTELÁ]: Ir(se) # Marchar para o outro barrio

● E mesmo tamén, posiblemente asociadas a un ton un tanto máis xocoso, caralleiro ou pándego:

Esquecerlle tirar polo folgo && Esquecerlle respirar && [E MESMO]: Ir para onda o galo do campanario

● Tamén, asociadas basicamente a rexistros máis coidados:

Dar # Despedir # Entregar # Exhalar el alma && Dar el alma a Dios && Dar # Despedir # Exhalar el espíritu && Exhalar el último aliento

Dar # Entregar # Exhalar a alma && Dar(lle) # Entregar(lle) a alma a Deus # ó Señor # ó noso Señor && Exhalar o espírito && Exhalar o último alento

● E incluso tamén, cinguíndonos xa ó ámbito puramente léxico:

[COMO FORMAS POSIBLEMENTE MÁIS “NEUTRAS”]: Morir && Fallecer

Morrer && Falecer && Finar(se)

[COMO FORMAS MÁIS OU MENOS AXEITADAS EN FUNCIÓN DOS CONTEXTOS]: Perecer && Fenecer && Expirar && Acabar && Irse && Sucumbir && Finar(se)

Perecer && Fenecer && Expirar && Irse && Sucumbir

[COMO FORMAS MÁIS ASOCIADAS A CONTEXTOS DE USO COLOQUIAIS E FAMILIARES]: Palmar/Palmarla && Diñarla && Espichar/Espicharla && Cascar/Cascarla

Espichala && Cucar && Ficar && Achumbeirar && Caducar && Estarricar && Panear 

Ex.: Moitos alegraranse o día en que o ditador a espiche cuque fique achumbeire caduque estarrique panee.

● E por último tamén, igualmente no ámbito do léxico, e basicamente para dar conta daquelas situacións en que o punto de partida do contexto comunicativo é o dunha persoa vivente que pasa a perder a vida, ou a vai perdendo, nun proceso natural sen que medie accidente nin violencia:

Quedarse

Quedarse

Ex.: Estaba hablando tranquilamente con su hijo en la cocina y de repente estiró la pata y de repente se quedó.

Estaba a falar tranquilamente co seu fillo na cociña e de súpeto quedouse.

NOTAS:

1. Tal e como comentabamos a pasada semana, nótese a conexión do presente artigo co que abordaremos na vindeira entrega (tanto é así que en certos contextos poden confluír secuencias expresivas de ambos), correspondente ás expresións galegas que se virían a corresponder coa castelá estar criando malvas (=estar morta e enterrada unha persoa).

2. As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos as do artigo completo, isto é, tanto as correspondentes a esta entrega coma á anterior):

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Anta Fernández, Alicia: “O Robledo é capital e o demais son conquistas: fraseoloxía de Robledo de Domiz”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 23, 2021, páxs. 141-157. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no url seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán, de entre 1928 e 1931. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Cotaredo. Revista cultural e turística do concello de Forcarei. Núm. IX, ano 2006. No url https://proba72390896.wordpress.com/wp-content/uploads/2018/12/cotaredo-2005.pdf

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Cuveiro Piñol, Juan: Diccionario gallego. Publicado en 1876. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996

- Ferro Ruibal, Xesús & Groba Bouza, Fernando: “Dichos y refranes y dialecto vianés de Laureano Prieto (1951)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 259-282. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Dentes e moas na fraseoloxía galega”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 69-126. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe. Publicado en 1985. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

- González Guerra, Anxo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, pp. 289-315.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Taboada, Carme & Soto Arias, Mª Rosario: “Sete catas na orixe da fraseoloxía”. En Estudos de Lingüística Galega, 2, 2010, páxs. 221-233. Instituto da Lingua Galega.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés”, CEG XVII, pp. 83-114. Ano 1951. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Otero Álvarez, Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”. Revista Verba, anexo 7. Universidade de Santiago de Compostela, 1977.

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Rivas, Paco: Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 1, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez Gil, Francisco Javier: Dicionario gallego castellano. Versión manuscrita (1855) e mais o publicado en 1863 consonte a edición preparada por Antonio de la Iglesia González. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Taboada Chivite, Xesús: Refraneiro Galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 2, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario Gallego-castellano publicado en 1884 por D. M. Valladares Núñez. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Nuevo suplemento al Diccionario Gallego-castellano publicado en 1884 por D. M. Valladares Núñez. Edición de Mª Carme García Ares. Cadernos de Lingua, 2000. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta