Persoal de Atención Primaria mobilízase na Coruña contra a "sobrecarga asistencial"

Critican as mentiras da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/01/2020 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Persoal de Atención Primaria ha secundando concentracións en centros de saúde da Coruña contra "a sobrecarga asistencial", segundo informan os convocantes da protesta.

As concentracións celebráronse en centros como os de Elviña, San Xosé ou Adormideras con pancartas reclamando "tempo" para a atención dos pacientes ou que se cubran as substitucións de persoal.

Nun comunicado, denuncian a existencia de "sobrecarga asistencial" por parte dos profesionais e de "listas de espera" na atención aos pacientes.

"Por moito que diga a Consellería de Sanidade que está executado o 99% do seu plan ou por moito que digan da Xerencia da Coruña que as demoras en Atención Primaria son puntuais, a realidade é teimosa", engaden.

Protesta no centro de Atención Primaria en Elviña. SOS SANIDADE PÚBLICA
Protesta no centro de Atención Primaria en Elviña. SOS SANIDADE PÚBLICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta