Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/09/2012 | Actualizada ás 12:04
O CDL , formación que ten varios concelleiros en Galicia, poderia presentarse ás autonómicas galegas. A decisión tomarase este sábado cando se reúna en Ourense o Comité Executivo Federal desta formación.
Con todo, varios dirixentes da formación xa se decantaron por esta posibilidade e xa designaron a un representante, Luís Manuel Fraga Rego, ante a Xunta Electoral de Galicia.
6 concelleiros
Este partido, que lidera o colaborador de Opinión de GC José Palacín, conta con 6 concelleiros propios e outros tanto adscritos ao Consello Municipal e con estruturas consolidadas en amplas zonas Pontevedra e parte de Lugo, estando en fase de apertura na Provincia de Ourense.
O Comité galego de CDL tamén tratará aspectos concernentes ao IV Congreso Nacional deste partido que se celebrará a última semana de Outubro en Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.