Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2020 | Actualizada ás 19:36
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lanzará este domingo a súa candidatura á Xunta nun acto de precampaña en Santiago de Compostela, no que o Bloque prevé congregar a un milleiro de militantes e cargos institucionais.
O Consello Nacional do BNG nomeou o pasado fin de semana a Pontón como candidata á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas previstas para outono deste 2020, tras un proceso de primarias no que obtivo un respaldo case unánime e ningún voto en contra.
Baixo a lema 'Galiza en marcha!', o Bloque avanza que comeza "un intenso traballo de precampaña" de face aos comicios en busca de "un cambio real".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.