A lei de ordenación do territorio nucleará o primeiro pleno do ano

Pedro Puy (PPdeG) levará a próximas sesións a débeda do Goberno, a chegada do AVE, o traspaso da AP-9 ou o estatuto das electrointensivas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, avanzou a previsión de que no próximo pleno se proceda ao debate de totalidade do proxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, "unha normativa máis simple, útil, eficiente e práctica, que por unha simplificación administrativa, tanto do número de figuras como no procedemento da súa tramitación".

Asimisimo, Puy incidiu que o Grupo Popular levará ás próximas sesións plenarias "a ampla cantidade de problemas incluídos na 'Axenda Galicia' aprobada polo Goberno galego, que arrastramos como consecuencia das circunstancias políticas estatais".

En concreto, os populares darán impulso á demanda de que o Goberno pague "a débeda de 370 millóns de euros" que ten con Galicia e tamén a outras cuestións "importantes", como a chegada do AVE, o traspaso da AP-9 e as rebaixas das súas peaxes, o estatuto das electrointensivas ou unha transición enerxética "xusta".

Finalmente, Puy informou de que na reunión de grupo deste luns xa participou a nova deputada Ana Belén García Vidal, que substitúe á exconselleira Beatriz Mato. Natural de Bergondo e residente en Noia, García Vidal é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e foi concelleira en Noia entre 2015 e 2019.

O presidente da Xunta no pleno do Parlamento.. XUNTA
O presidente da Xunta no pleno do Parlamento.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta